3.5. O uso do audiovisual como ferramenta pedagóxica: Revisión

3.5. O uso do audiovisual como ferramenta pedagóxica

Última actualización de en Yolanda Rial

Este post contén algunhas reflexións xerais acerca da utilización do vídeo como ferramenta pedagóxica nas aulas.

Nos últimos tempos, o uso do vídeo ou de recursos audiovisuais na aula convertéronse nunha práctica común. As facilidades que a tecnoloxía brinda actualmente non só fan máis accesible o recurso, senón que ademais permite unha gran variedade de posibilidades.

Só basta ter acceso a unha computadora, un canón proxector ou unha pantalla. O anterior permite que moitos docentes empreguen material audiovisual. Visto así, a relación con este tipo de material parece case natural, pero a pesares de ter todas as facilidades nomeadas anteriormente, aínda son poucos os docentes que empregan este tipo de medios e viven ancorados nas presentacións de power point ou nas clases maxistrais.

O uso de produtos audiovisuais na aula, permiten abordar temas de forma que poidan resultar máis próximos ao alumnado, ou que poidan converterse en formas de exemplificar -nas clases de Tecnoloxía Educativa, tanto nas sesións expositivas como interactivas empregábase moito este recurso-.

A modo de recapitulación o audiovisual converteuse nunha ferramenta útil de amplo uso, como apoio. As historias narradas, a proximidade do medio ao alumnado, a facilidade de engancharse co visto na pantalla, fai que sexa apreciado.

Sen embargo, antes de optar por empregalo débese ter en conta que a elección e selección do material a utilizar debe ser un procedemento coidadoso. Isto permite identificar o valor dese material e a súa relación coa materia. É preciso pensar no produto audiovisual como elemento complementario, e non como un substituto.

 

Referencias bibliográficas:

Dettleff, J. (2012). Estrategias del uso del audiovisual como apoyo pedagógico en las aulas. En Blanco y Negro, 3(2), 30-37.