3.7. Un plan para formar dixitalmente ás mulleres do rural?: Revisión

O pasado mes de marzo Santiago de Compostela acolleu a presentación do programa Dixitalizadas. Este tivo como madriña á raíña Letizia, a cal fixo fincapé na necesidade de romper coa brecha dixital de xénero e territorial.

Dixitalizadas é un programa de formación que ten como obxectivo formar presencialmente a 5.000 mulleres do entorno rural español en alfabetización dixital, emprendemento e empregabilidade.

Está organizado pola Fundación Cibervoluntarios, Fundación mujeres e Google.org, co apoio do Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade.

As actividades impártense de forma gratuíta e diríxense a mulleres, especialmente con maior risco de exclusión dixital, que vivan en zonas rurais. Desenvolverase ao longo de 2018 e 2019, especialmente en zonas rurais de Comunidade de Madrid, Comunidade Valenciana, Castela e León, Aragón, Cantabria, Andalucía, Asturias, Estremadura, Castela A Mancha e Galicia.

Este programa pode ser solicitado por calquera organización ou entidade que aúne a un grupo de mulleres, especialmente do ámbito rural, que queiran reducir a brecha de xénero e facilitar formación TIC para fomentar a empregabilidade e o emprendemento entre as beneficiarias.

Dixitalizadas presenta tres áreas de acción principais:

  • Talleres en habilidades dixitais básicas (primeiros pasos, gmail, xestión de documentos e comunicación: hangout e redes sociais). Cada taller ten unha duración de 6 horas.
  • Talleres sobre ferramentas para o emprendemento e/ou a busca activa de emprego na rede. Conta cunha duración de 6 horas.
  • Unha rede nacional de mulleres dixitalizadas: embaixadoras do programa nas súas comunidades para garantir a continuidade e sostenibilidade do programa. Todas as mulleres que pasen polo programa terán a oportunidade de seguir formándose online en habilidades dixitais máis complexas a través de Google Actívate. No 2019 realizarase un encontro en Madrid, no que se pretende aunar a máis dun centenar de embaixadoras dixitalizadas as máis activas, para formarse, apoiar os proxectos e compartir experiencias.

O que pretenden conseguir co programa é:

  • Desenvolver competencias tecnolóxicas, que permitan a mulleres, especialmente de contorna rural, aumentar a súa influencia persoal e profesional na internet para reducir brechas de xénero.
  • Promover a inserción social e laboral das mulleres, así como protexer os dereitos e seguridade e estas en contornas dixitais.
  • Xerar unha rede de digitalizadoras, unha comunidade de mulleres con maior interese no uso da tecnoloxía para fomentar o emprendemento e o autoemprego. Achegando, deste xeito, experiencias e referentes empresariais locais femininos

Por que non vemos as cousas aínda que as teñamos diante? O mesmo pasa co rural?

As zonas rurais seguen sufrindo o problema do despoboamento. A falta de recursos leva á xente a abandonar as súas raíces en busca de máis e mellores oportunidades. Esta falta de oportunidades e de postos de traballo leva ao despoboamento e envellecemento das zonas rurais. Podemos achacar o problema do despoboamento a que estas zonas están a quedarse obsoletas en canto a desenvolvemento en comparación coas grandes cidades.

Persoalmente paréceme unha boa iniciativa, xa que as o uso das Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación, permite mellorar a calidade de vida e traballo dos cidadáns das zonas rurais, para fortalecer a creación de valor na economía rural, tanto nos sectores tradicionais como nos novos, permitindo que estas zonas se integren e participen plenamente nunha economía europea baseada no coñecemento.

Con pequenos programas deste tipo, mediante a tecnoloxía ábrense novos horizontes creando maiores oportunidades.

 

Digitalizadas. Recuperado de: https://www.digitalizadas.org/