4. Maduración do froito: Revisión

4. Maduración do froito

Última actualización de en Yolanda Rial

Figura 5. Cerezas maduras. Recuperado de: https://tiempodecerezasblog.files.wordpress.com/2013/03/cereza2.jpg

 

Chegar ata aquí tampouco foi un camiño de rosas. Aínda que con máis conceptos que no mes de xaneiro, para min o proxecto significou a espera de ver madurar un froito.

Tratábase de replantexarnos o uso da tecnoloxía na institución para mellorar a súa función e funcionamento empregando criterios e enfoques determinados.

Nun principio, a idea da miña compañeira e máis miña era levalo a cabo nunha determinada institución, pero facendo a análise de necesidades démonos conta de que non era factible, xa que dende o noso punto de vista aparentemente non atopábamos ningunha. Isto dificultounos aínda máis o proceso, xa que non sabíamos como enfocalo nin en que institución levalo a cabo. Indagando, topámonos cun centro social nun contexto rural veciño o cal poderíamos mellorar, e puxémonos mans á obra.

Para finalizar, o proxecto remataba cun video no cal se tería que ver reflexado. Tampouco foi tarefa fácil, xa que ao principio cando se nos falaba dun storyboard, non sabíamos case nin o que era. Pouco a pouco fomos realizando o guión, o cal nos levou a gravar unhas esceas bastante interesantes e quedamos satisfeitas do noso traballo.