Hora de colocar os cimentos: Revisión

Hora de colocar os cimentos

Última actualización de en Xiana González

descarga jjjj.jpg

Unha vez tomado o primeiro contacto coa materia, comenzamos a subir entradas á rede Stellae que evidenciasen o proceso de aprendizaxe. Despois dalgúns intentos que non resultaron ser ps máis correctos e da respectiva corrección da profesora, decidín enfocalo dunha maneira diferente. Isto tamén foi debido á inseguridade conmigo mesma por expoñer as miñas ideas ao resto de compañeiros e compañeiras.

Para comezar a construción do meu fogar quero destacar algúns dos cimentos que non poden faltar no meu fogar como son:

- Competencias tecnóloxicas: foi un dos primeiros termos que tratamos na materia, as cales son un conxunto de coñecementos, capacidades, destrezas e habilidades, en conxunción con valores e actitudes, para a utilización estratéxica da información, e para alcanzar obxectivos de coñecemento tácito e explícito, en contextos e con ferramentas propias das tecnoloxías dixitais

- Tecnoloxía educativa, non podía faltar este termino nos cimentos do meu futuro fogar xa que é a base da materia e engloba todos os termos que estudamos nesta.

- A clase sobre os dereitos de autor, na que mediante un pequeno xuízo puidemos entender o caso de Alexandra Elbakyan, o que tamén nos levo a coñecer o que eran as Creative Commons (organización sen fins de lucro, dedicada a promover o acceso e o intercambio de cultura)

- Facke news, xa que aprendín que non todo o que lemos nas redes é certos, senón que debemos contrastar a información para saber se é verídica.

- Seguridade na rede: vivimos contantemente vixiados, por iso que importante é que estemos seguros dentro da rede, mediante a privatización dos datos persoais.

Para finalizar este apartado, gustaríame subliñar que a elección dos elementos anteriores vén dada pola súa relevancia na construción do coñecemento, son distintas partes que se foron constituíndo para chegar ao tellado.