A nosa relación cos remeiros vai a estar condicionada polo modelo no que nos baseemos para darlle sentido ós nosos adestramentos, pois en función de como estruturemos os mesmos, tamén estaremos a favorecer que a nosa relación cos compoñentes da traíña sexa dun ou doutro tipo.
Por exemplo, podemos optar por tomar nós todas as decisións sobre a forma de organizar as sesións, podemos ter en conta as necesidades dos remeiros para adaptarnos a como mellor lle vaia o número de sesións, o horario das mesmas ou non, podemos ter máis ou menos contacto con eles, etc. En función de todas estas decisións estaremos promovendo un tipo diferente de relacións cos nosos remeiros, de máis autoritarismo, de achegamento, de importancia de cada un, de importancia do grupo, de preocuparse só pola gloria persoal, etc.
Co asesoramento sucederá o mesmo, pois dependendo do modelo escollido, as relacións serán máis propensas a ter en conta uns ou outros aspectos. Así pois, logo dun estudo e análise das achegas de diversos autores e do traballado na clase, distinguín os seguintes tipos de asesor segundo as relacións que este manteña cos seus compañeiros:
Como se pode ver, moitos destes tipos de profesional apenas prestan diferenzas entre si, nin todos os profesionais se clasifican nun ou noutro tipo. Debemos ter en conta as características expostas en cada caso, e ver así en que modelos se podería enmarcar cada asesor, pois pódese situar en varios destes tipos ó mesmo tempo, e mesmo en diversas situacións podemos actuar dun modo diferente.
Hai que ter en conta que esta clasificación é únicamente orientativa, unha correspondencia entre os modelos de orientación e asesoramento coa práctica. Para elaborala tomei como referencia estas clasificacións:
http://stellae.usc.es/red/blog/view/23347/qu-tipo-de-asesores-nos-podemos-atopar-segundo-a-sa-accin