2.1. Análise das materias nas que traballamos a temática do asesoramento: Revisión

     A primeira tarefa coa que comezamos a nosa andaina obrigoume a facer un percorrido polas materias cursadas en anos anteriores e levar a cabo unha análise acerca de en cales delas traballaramos xa a temática do asesoramento.

     Durante a miña formación anterior, Maxisterio da especialidade de Educación Infantil, non tiven un gran acercamento a esta temática nas diversas materias que cursei.

     Sen embargo durante o cuarto curso de Psicopedagoxía si empezamos a ter un maior contacto. A materia na que máis profundizamos sobre dito concepto, foi na materia de Modelos de Orientación e Intervención Psicopedagóxica, tanto no primeiro cuadrimestre cos profesores Juan Carlos Pardo Pérez e Alfonso García Tobío, como no segundo cuadrimestre coa profesora María Xosé Méndez.

     Ao longo da materia fomos analizando detalladamente que o asesoramento consiste pois no apoio e na axuda que se presta para que o centro avance. Dito asesoramento adquire unha dimensión asesora cando é capaz de establecer un espazo no que, grazas a acción conxunta e complementaria dos profesores e do profesional que o ofrece, se produce un cambio cualitativo na representación de determinada situación e/ou na súa execución práctica. O asesor é concibido como alguén que máis que intervir e ditaminar, busca traballar coa comunidade educativa na búsqueda comunitaria e participativa de solucións aos problemas detectados ou na implementación de iniciativas de cambio.

     O enfoque do asesoramento defendido en dita materia correspóndese co enfoque Educacional – Constructivo do asesoramento psicopedagóxico porque se aproxima ao perfil máis contextual, preventivo e colaborativo que constitúe o que se denomina enfoque educacional, por contraposición a modelos ou enfoques clínicos e asistenciais.

    Durante este último curso tamén traballamos este mesmo concepto en outras materias como a de  Orientación Profesional, onde o comparamos con outros conceptos como é o da orientación.

     Evidentemente ao longo do curso presente iremos tendo un maior e profundo coñecemento acerca da temática do asesoramento, que nos servirá para ter unha maior formación a hora de desempeñar funcións de axuda e apoio profesional tanto aos profesores como aos centros educativos.