Historial

5. Malestar&Benestar Docente: Revisión

5. Malestar&Benestar Docente

Última actualización de en Lidia Antelo Pérez

5. MALESTAR & BENESTAR DOCENTE

   As augas que discorren por este novo lugar cheo de encanto aínda por descubrir, depáranme o tema do malestar e benestar docente, unha actividade que semella amosarse sempre ambivalente, pois poden considerarse como as dúas caras da mesma moeda, xa que aquilo que pode causar o benestar no exercicio da ensinanza tamén pode causar o malestar. En palabras de Esteve (2004) “aunque tenga dos caras, la moneda es la misma; para ver la cara amable no hay más que darle la vuelta y dejar oculta la cara amarga. Hablar de malestar docente no es más que un ejercicio para esclarecer lo que hay que dejar abajo para que reluzca la cara del bienestar”. Deste xeito, pódese afirmar que a ensinanza pode vivirse con optimismo e converterse nunha forma de autorrealización profesional e persoal, pois con ela pódeselle outorgar sentido a toda unha vida, ou non.

   Para indagar sobre este tema, nun primeiro momento centrareime no malestar tratando de dar reposta as súas causas, consecuencias...para continuar co seu contraposto, é dicir, o benestar intentando determinar o porqué do mesmo a partires das ideas extraídas da última sesión de clase e da información que fun recompilando e interiorizando.