Historial

3. Asesoramento e orientación: Revisión

3. Asesoramento e orientación

Última actualización de en Lidia Antelo Pérez

3. ASESORAMENTO E ORIENTACIÓN

   O asesoramento e a orientación serán o seguinte lugar non que me mergullarei continuando con esta construtiva e marabillosa aventura. Trátase de dúas prácticas emparentadas nas súas metas máis valiosas, é dicir, na axuda e apoio ó sistema educativo, e para coñecelas un pouco máis centrarémonos na súa orixe, se ambas son ou non o mesmo (e aínda que a priori digo que non son o mesmo imos a comprobar se isto se mantén), as diferenzas e semellanzas existentes e os modelos tanto de orientación como de asesoramento establecidos.