4.1 ¿Qué é.....: Revisión

4.1 ¿Qué é.....

Última actualización de en Iria Balayo Abeijón

Que é asesorar? Que é o asesoramento?

Que é asesorar? Que é o asesoramento?

A definición de asoramento e o rol dos asesores cambiou significativamente dende os seus comezos. Ao principio o asesor concibíase como un experto en contidos. Posteriormente, e baixo a influencia de autores como Caplan e Schein empezase a entender ao asesor como alguén que axuda nun determinado proceso. Será o orixe da concepción actual do asesoramento entendido como un proceso de colaboración.

A definición que ofrece Lippit e Lippit (1986) recolle explícitamente a concepción de cooperación e traballo conxunto que actualmente se torga á noción asesoramento: “ unha interacción en dous sentidos, un proceso de buscar, dar e recibir axuda. O asesoramento diríxese a axudar a unha persoa, un grupo, a unha organización ou un sistema máis grande para mobilizar os recursos internos con obxecto de resolver as confrontacións con problemas e ocuparse de esforzos de cambio”.

Se entendemos o asesoramento, pois, como unha consulta entre colegas, como un proceso de facilitación de relacións de críticas e reflexivas entre os mestres sobre o coñecemento e a práctica das escolas, podemos caracterizalo coas seguintes notas distintivas:

a) É un proceso de axuda e de apoio que involucra nun proceso de comunicación ás persoas implicadas.

b) É un proceso orientado cara o cambio e a mellora

c) É un proceso que require un compromiso compartido de responsabilidade por parte dos asesorados e pericia ou habilidade do asesor

d) É un proceso que precisa dunha relación de cordialidade, apertura, colexialidade na que non exista unha relación administrativa de superioridade/subordinación entre o asesor e os profesores, se non unha actitude predominante de xerar un coñecemento compartido en torno á innovación que se queira levar a cabo ou práctica que se queira revisar.

 

estrela_asesoramento