Montse Pereiro Arias

Se tivera que definirme en poucas palabras dirĂ­a que son: sociable, paciente e responsable

Historial

A outra cara da peza: Revisión

A outra cara da peza

Última actualización de en Montse Pereiro Arias

 

Pero no ámbito escolar non todo é fácil, bonito e perfecto; senón que, como ocorre en todo, ten a súa parte oscura e os seus aspectos negativos. Por tanto, pasarei a presentarvos a outra cara (a negativa) da peza "escola" facendo alusión ó fenómeno de violencia escolar que impregna actualmente e cada vez con maior intensidade nos centros educativos e que fai que a tarefa educativa se complique ampliamente.

 

Violencia escolar

imageEntendemos o acoso escolar como un continuado e deliberado maltrato verbal ou modal que recibe o neno/a por parte dos seus compañeiros, que se comportan con él cruelmente co obxeto de sometelo, intimidalo, amenazalo ou obter algo mediante o chantaxe e que atenta contra a dignidade do neno e os seus dereitos fundamentais.

Estadísticamente, o tipo de violencia dominante é o emocional e dáse mayoritariamente na aula e patio dos centros escolares. Os protagonistas dos casos de acoso escolar adoitan ser nenos en proceso de entrada na adolescencia (12-14 anos), sendo lixeiramente maior o porcentaje de nenas no perfil de víctimas.

Este tipo de violencia escolar caracterízase por unha reiteración encamiñada a conseguir a intimidación da víctima, implicando un abuso de poder en tanto que é ejercida por un agresor máis forte que aquela. É común que o suxeito acosado viva aterrorizado coa idea de asistir á escola e que se mostre moi nervioso, triste ou solitario na súa vida cotiá. Nalgúns casos, a dureza da situación pode acarrear pensamentos sobre o suicidio e a súa materialización, como ocorreu no caso do primeiro artigo que Lourdes nos mostrou na clase e do que a continuación pasarei a falar.

Seguindo os casos que se comentaron na clase, xurdiron dous interrogantes ¿Qué puido fallar? ¿Que responsabilidade ten o asesor? A primeira reflexión que apareceu foi a de non deixar pasar as cousas por alto baixo ningún concepto, temos que estar moi atentos para detectar se aparece algún tipo de problema e atallalo antes de que sexa demasiado tarde. Ante calquer mínimo indicio, sexa do tipo que sexa, debemos actuar, sempre que sexa posible proactivamente. O centro no seu conxunto (non so director ou xefe de estudios) é quen ten que estar atento ante calquer indicio de violencia que poida aparecer, e incluso adiantarse antes de que aparezan. Por iso, son os profesores, orientador, familias, alumnado...quenes teñen a responsabilidade de que isto se leve a cabo, non só o orientador. Este será quen faga proposicións, pero non toda a responsabilidade recae únicamente sobre él.

Tamén se fixo alusión á actitude dos compañeiros, peza clave neste gran puzzle. Debemos comezar por traballar a educación en valores, a moral, a empatía cos nenos dende que son pequenos. Non se pode aceptar que actúen como elemento pasivo ante casos como estes, e que non se inmuten cando nun autobus, día tras día, unha nena ten que ir de pé porque os seus compañeiros non a deixan sentarse, como ocorre no suceso que se explica no segundo texto “El bus de Mónica como metáfora de España”

Outro aspecto que me parece importante resaltar é que a sociedade de  hoxe en día ten como telón de fondo a violencia, de ahí que os nenos a vexan como algo cotiá.

¿Que podemos facer ante esta situación? A prevención debe realizarse en distintos niveis: 

Unha prevención primaria sería responsabilidade dos pais (aposta por unha educación democrática e non autoritaria), da sociedade en conxunto e dos medios de comunicación (en forma de autorregulación respecto de determinados contidos).

Unha prevención secundaria serían as medidas concretas sobre a poboación de risco, é dicir, os adolescentes (fundamentalmente promover un cambio de mentalidade respecto á necesidade de denuncia nos casos de acoso escolar aínda que non sexan víctimas deles), e sobre a poboación directamente vinculada a esta, o profesorado (en forma de formación en habilidades axeitadas para a prevención e resolución de conflictos escolares).

E por último, unha prevención terciaria serían as medidas de axuda ós protagonistas dos casos de acoso escolar.

Como síntese gustaríame dicir que o conflicto forma parte da vida e é un motor de progreso pero en determinadas condicións pode conducir á violencia. Para mellorar a convivencia educativa e previr a violencia é preciso ensinar a resolver conflictos de forma constructiva, mediante o pensamento, o diálogo e o negocio. Aprender a convivir é unha das finalidades básicas da educación por iso na sociedade actual non hai sitio para a violencia, o maltrato, o acoso escolar...

 image