Montse Pereiro Arias

Se tivera que definirme en poucas palabras dirĂ­a que son: sociable, paciente e responsable

Historial

9. Sexta peza: Revisión

9. Sexta peza

Última actualización de en Montse Pereiro Arias

A construcción xa vai moi avanzada... e seguimos construíndo. A seguinte peza que engadiremos será a do binomio benestar-malestar docente, que condiciona enormemente a práctica docente, pois o estado de ánimo de todo profesional e a percepción que este teña do seu traballo cambia enormemente a súa actitude cara a súa profesión. 

 

image

 

Malestar e benestar docente

 

imageA sesión estivo dividida en dúas partes claramente diferenciadas: na primeira parte tivo lugar un debate sobre o malestar/benestar docente e na segunda parte Mónica expúsonos as súas ideas sobre o tema a traballar.

Na primeira parte da sesión a clase dividiuse en dous grupos (os encargados de defender o tema do benestar docente e por outra parte os encargados de defender o tema do malestar docente). As persoas encargadas de defender o benestar docente debían escribir nun possit de cor laranxa todas as ideas que lles suscitara este termo, mentres que as persoas encargadas de defender o tema o malestar docente se lle adxudicaron possits de cor branca.

Unha vez recollidos todos os possits nomeouse a dúas observadoras e a unha mediadora e comezouse o debate. Algunhas das aportacións, todas elas interesantes, que saíron neste debate foron que:

O malestar docente está moi relacionado coa presión social que sufre actualmente este colectivo. O profesorado está exposto a contínuas demandas e esixencias por parte da sociedade e, a mayores, non se sinte apoiado nin recoñecido socialmente; todo o contrario, síntese desvalorizado.

Nos momentos de crise é cando xorden oportunidades para cambiar, é cando máis nos temos que unir e loitar polo que cremos.

A incertidume non a debemos entender como razón de malestar docente, senón como sinal ou marca de ser un bó profesional. Sentir incertidume é reflexo da preocupación polo propio traballo e o quefacer profesional e implica estar nun contínuo movemento. É o motor que nos move para medrar e seguir formándonos

Os mestes síntense xuzgados e devaluados pola sociedade, plo que moitas veces, esa incertidume en lugar de disminuír aumenta. Non existe o recoñecemento social da función docente que ésta se merece.

¿Hai unha conciencia social grande sobre a responsabilidadade que cada un debe asumir?

O compromiso e a confianza nun mesmo son vitais para que se dé o benestar, pero, ¿isto é realmente así?

É importante engadir en relación a isto que ambas, compromiso e confianza, son alteradores da nosa personalidade e que sin eles non poderíamos falar da profesionalidade.

Como podemos observar, nestas aportacións aparecen as dúas caras da moeda, a positiva e a negativa, e que nos, como futuros asesores/as debemos posicionarnos na cara positiva e tratar de paliar os efectos negativos.

Un aspecto que se tratou neste debate e que creo importante resaltar é a crise que vive actualmente a educación e que dende o meu punto de vista non é extraño que exista despois de todos os cambios e reformas que leva sufrido este ámbito en pouco tempo.

 

Na segunda parte da sesión, Mónica Rial falounos sobre os aspectos que se esconden detrás do malestar docente e sobre aquelo que nos fai estar a un lado ou a outro do contínuo malestar/benestar docente.image

O discurso comezou cunha breve introdución sobre os aspectos que debemos ter presentes en relación a esta temática para continuar profundizando, despois, nas posibles causas e modelos que explican o malestar docente na nosa sociedade.

Podemos definir o malestar docente como un proceso ó que se chega pois hai moitas cousas que ocorren antes de chegar a sufrir malestar docente. Afecta á súa personalidade, é algo co que vamos a todas partes porque un non pode deixar a súa faceta de profesor a un lado cando él queira. Pero, ¿cómo se chega a esta situación? Mónica establece que as principais causas do malestar docente son un cúmulo de circunstancias entre as que podemos mencionar a masificación das aulas, a desvalorización docente, a complexidade da organización educativa, a esixencia de altos niveis de atención, a concentración e precisión, a indisciplina do alumnado, a falta de recursos, a sobreimplicación emocional do docente…

Todo esto trae como consecuencia  agotamento emocional caracterizado por un gran desinterés e agobio xeral; a despersonalización ou a incapacidade de relacionarse e establecer vínculos co entorno; a falta de realización persoal e de sentimento de eficacia e a aparición de enfermedades graves froito de psicomatizar todo que se foi soportando.

Polo que respecta ós modelos explicativos, todos fan fincaré  na interacción que se establece entre o individuo e o entorno. Así, en toda organización existen dous tipos de obstáculos, os propios da organización e os derivados das interaccións que facemos cos seus membros.

Ante este tema, Mónica plantexounos unha pregunta ¿cómo percibe o individuo a realidade e os obstáculos que xiran no seu entorno? Depende do locus de control ou da atribución que cada cal faga das causas do que sucede, é dicir, da atribución que se faga da responsabilidade do que lle sucede a un mesmo (locus interno) e ós demais (locus externo); da atribución de causas estables ou inestables; de causas controlables e incontrolables e de causas globais ou específicas. O ideal sería adoptar unha posición intermedia nestes modelos para saber equilibrar esas atribucións e valorar todas as variables que poidan influir no suceso.

Polo que respecta ós estilos de afrontamento dun problema, Mónica falounos de tres: o afrontamento focalizado no problema, o afrontamento focalizado nas emocións (non pensas no problema, senón nas consecuencias que produce dito problema), e afrontamento de evitación (evitas o problema)

Outro termo fundamental que saíu resaltado neste discurso é o de Resilencia (nace a partir da química, da capacidade dos metais para moldearse e adptarse a novas situacións), que se xera cando o docente se recupera do malestar, se volve mellor e máis capacitado para afrontar calquer situación deste tipo a través dos instrumentos e das estratexias aprendidas. trátase, por tanto, de levantarse da adversidade e afrontar obstáculos e retos que nos vaian aparecendo. A resilencia pódese levar a cabo de maneira individual, grupal ou organizacional; esta última é a que máis nos interesa neste campo, pois trátase de construír unha escola resilente, con asesores, profesores, alumnos e familias resilentes. Para logralo existen un conxunto de compeñentes que permiten desenrolar a resilencia como son a flexibilidade psicológica, a actividade, participación, capacidade de reiniciarse e a tolerancia cun mesmo e cos demais.

 image