3. Iniciando a nosa viaxe cara o camiño do asesoramento...: Revisión

INICIANDO A NOSA VIAXE CARA O CAMIÑO DO ASESORAMENTO…(Bloque I: Psicopedagogos/as e Contextos de Asesoramento)

Aló no mes de Setembro, iniciamos unha viaxe cara o camiño do asesoramento… Para este percorrido, eu decidín subirme nun tren.

Aínda parece que foi onte, cando aquel primeiro día de clase no que nos reunimos para dar comezo a esta viaxe. Nun primeiro intre, indicáronnos como ían ser as tarefas na Rede Social do Campus Stellae. Foi un momento de total desconcerto e ata certo temor.

Xa aquel primeiro día, a profesora Lourdes Montero nos encomendou que analizaramos en que materias traballamos a temática do asesoramento en cursos anteriores. Esa foi a miña primeira entrada da que aquí deixo constancia.

Primeira entrada...

 

Ademais disto, o noso grupo "Pentagrama" decidiu profundizar acerca da Historia do Asesoramento para coñecer e profundizar máis sobre o termo en cuestión; xa que en palabras de Brayfield 1961:

“O coñecemento histórico dun campo, proporciona unha profunda comprensión das súas inquedanzas e intereses actuais, dos seus problemas e carencias, as súas dimensións e o seu alcance.”

 

(BRAYFIELD, 1961)

Todas as integrantes do noso grupo "Pentagrama"coincidimos en que tendo máis coñecementos do pasado, poderemos coñecer e comprender mellor o presente. Por este motivo, decidimos centrarnos na Historia do Asesoramento.