3.2. Segunda Parada: Asesoramento e Orientación: Revisión

SEGUNDA PARADA: ASESORAMENTO E ORIENTACIÓN

Nesta nova parada, contamos coa presenza do asesoramento e da orientación, os cales nos temos que deter a analizar. Ámbalas dúas prácticas están emparentadas xa que contan cunhas metas comúns que son a axuda e apoio ó sistema educativo.

A pesares de estar relacionadas, ambos termos son diferentes e contan cunhas características específicas que recollo a continuación.

Mentres que a orixe da Orientación é o Guidance, e Counseling, efectúa unha práctica directa cos estudantes, ten un poder asimétrico, unha comunicación unidireccional co fin de resolver problemas; o Asesoramento, provén de Support, Adviser, cunha práctica indirecta tanto cos profesores ou con outros membros da comunidade, as relacións son de horizontalidade, cunha comunicación bidireccional coa meta de capacitar.

Disto cómpre destacar que a orientación é atravesada polo asesoramento; xa que o asesoramento ten unhas condicións e características que lle permiten que a relación que se establece entre as persoas sexa unha relación máis ligada á axuda real.

Para seguir profundizando en ambos conceptos, axudeime da marabillosa autora Mª del Mar Rodríguez Romero. No enlace que vos deixo a continuación, aparecen máis profundizados ambos.

Asesoramento e Orientación

Rodríguez Romero (1998), tamén recollía que entre ambos termos non só había diferenzas, senón tamén semellanzas. Por exemplo, ambas están comprometidas co desenvolvemento de técnicas supervisoras que se enfocan cara a construción da identidade. Tanto a orientación coma o asesoramento son labores relacionados co coñecemento experto, xa que se caracterizan polo dominio dun campo especializado do coñecemento. E por último, entre elas non se distinguen diferenzas en termos de autoridade formal.

Segundo Rodríguez Romero, o asesoramento está máis comprometido con aspectos curriculares, aspectos que teñen que ver coa definición de propósitos do centro, os estilos de ensinanza, o curriculum oculto, as prácticas de avaliación,etc…

En resumo, ambas prácticas son complexas e se complementan unha á outra. En palabras de Rodríguez Romero “son dúas prácticas que converxen pero que cada unha delas ten a súa propia historia”.

Estas dúas prácticas foron tratadas e estudadas minuciosamente na sesión do día 24 de outubro; polo que a introduzo aquí.

Sesión do 24 de Outubro

Parece ser, que cada vez a orientación se achega ó terreo do asesoramento segundo Rodríguez Romero. A orientación, pretende en maior medida achegarse a traballos máis cooperativos e de menor desigualdade. A pesares de que a reforma, tivo un papel importante nestes cambios; considero que son as persoas que exercen tanto o asesoramento como a orientación os verdadeiros motores do cambio.

Esta xuntanza entre as prácticas de orientación e asesoramento fan necesario un cambio de perspectiva que vai ter consecuencias segundo Mª Mar Rodríguez na construción de novos roles profesionais, nas modalidades de coñecemento e nas prácticas que trae consigo o traballo con colegas.

É neste punto, onde me parece de vital importancia incluír os Departamentos de Orientación, xa que neles dáse un traballo en equipo de moita responsabilidade.

Achegándonos ós Departamentos de Orientación.