3.3. Terceira Parada: Modelos de Orientación e Modelos de Asesoramento: Revisión

TERCEIRA PARADA: MODELOS DE ASESORAMENTO E ORIENTACIÓN

Debido a que calquera profesional ten un modelo detrás que pode ser tano implícito como explícito, considero fundamental facer unha parada aquí para que nos deteñamos a observar dito “paisaxe”. Sempre hai presente un modelo que enfoca as accións do profesional.

Un modelo é unha representación que reflicte o deseño, a estrutura e os compoñentes esenciais dun proceso; son formas de concibir a realidade e de situarse ante ela. Sérvenos como marco de referencia para comprender a interacción do asesoramento para destacar aquilo que é importante e para guiar axeitadamente as nosas actuacións.

Son múltiples as opción que temos para escoller un modelo ou outro, pero dende a miña opinión; creo que o mellor é non quedarse só con un, senón coller o mellor de cada modelo.

Para profundizar acerca desta cuestión, realizamos unha tarefa en grupo na cal debíamos seleccionar un modelo, analizar a súa pertinencia para ser considerado modelo de asesoramento ou de orientación e poñer algún exemplo da nosa vida diaria. 

Para seguir achegándonos máis ós diferentes modelos tanto de asesoramento, como de orientación adxunto o documento no cal tratamos os diferentes tipos.

TAREFA GRUPAL 2.pdf

Logo destes traballos, sacamos unha serie de conclusións que nos axudan neste camiño de cara ó destino final, o asesoramento:

- A riqueza de modelos, danos maiores posibilidades de acción e de adaptación ó contexto. O modelo é unha representación, é unha pauta para a acción. Cantos máis modelos, máis posibilidades.

- Os modelos encárnanse nos profesionais que os realizan, polo tanto varían segundo o profesional.

- Non hai modelos puros, polo tanto podemos usar máis dun modelo. Temos que ter flexibilidade para usar os diferentes modelos. Cada profesional pode elixir un ou outro.

- Todos os modelos levan carga de valor.

- Como ben puidemos observar, hai modelos tanto de orientación coma de asesoramento.

- Hai modelos de orientación que se poden adaptar a ambas segundo a flexibilización.

- Aínda así, é máis probable que os modelos de asesoramento se convertan en modelos de orientación.

Para que quede recollido dun xeito máis visual, dispóñeme a reflectir o enfoque clínico, o modelo de consulta triádico, o modelo psicopedagóxico e o modelo transformador.

ENFOQUE CLÍNICO

Enfoque Clínico.png

 

Neste modelo, percíbese ó alumnado “Problemático” e non coma a un alumno con “problemas”, que é derivado polo profesor a un orientador que actuará en solitario para solventar ese problema. O obxectivo principal é o diagnóstico da deficiencia de cara á toma de decisións e a elaboración de programas individualizados.

 

MODELO DE CONSULTA TRIÁDICA

Consulta Triádica.png

Agora xa non falamos de derivar cara un experto que actúa, senón que se produce unha consulta trala que o profesor leva a cabo a intervención. Un aspecto relevante deste modelo é o papel de mediación que o profesor fai entre os outros dous elementos da relación. As diferenzas entre este modelo e o anterior relaciónanse sobre todo co axente que actúa, o profesor.

 

MODELO PSICOPEDAGÓXICO

Psicopedagóxico.jpg


MODELO SOCIOPSICOPEDAGÓXICO: IDEA DO TRABALLO EN REDE

:Nueva imagen (4).png

 

Fai referencia a un modelo máis complexo que se basea nunha pequena compilación de todos os anteriores. Toda a comunidade está relacionado e prodúcese un traballo máis sistémico e produtivo. Cómpre destacar aquí o traballo en rede para que as propostas se leven a cabo e para que se poidan alcanzar as metas educativas que un centro se propón. A interrelación dos elementos implica que cando un deles se move, o conxunto tamén o fai, polo que o asesor/a debe estar atendo a todo o proceso.

 

Nesta nova parada, non podemos deixar de ollar a un novo “monumento” que é Jesús Domingo Segovia e o seu documento “Comprender y Redireccionar las Prácticas de Asesoría”. Dende o meu punto de vista o documento foi moi importante xa que nos aportou información moi interesante de cara á nosa futura profesión. Ademais tamén trataba diferentes modelos.

Sesión do 31 de Outubro

Tamén con esta actividade aprendemos unha nova técnica que seguramente poderemos utilizar na nosa futura labor. Con isto vemos, que cando chegamos a un novo destino, debemos ir máis alá e ver e aprender todo o que poidamos.

Profundizando na técnica de Acuario

Todo o traballo de Domingo Segovia está atravesado pola idea de CAMBIO. Para afrontarnos a eses cambios debemos ter moita prudencia e respecto, e ser moi conscientes da importancia da colaboración.

En definitiva, neste percorrido no que nos atopamos o asesoramento educativo é unha práctica profesional en construción, controvertida, con múltiples posibilidades de desenvolvemento e, en momentos, de cambio e complexidade, na que proceden revisións e re – significacións. Ademais, algo que considero fundamental é a ilusión, a motivación e o entusiasmo, xa que sen iso non hai nada aínda que teñamos moita formación.

Por último gustaríame destacar unhas palabras de Hopkins 2007: “Lograr de cada escola, unha gran escola”.

Continuemos cara unha nova parada, chea de paisaxes que observar!