Alberto Martínez Antelo

Son emprendedor, inquieto, activo e non me gusta dedicarme exclusivamente a unha cousa, se non que quero facer de todo.

5.1.Unha experiencia de asesoramento procesual baseada na disciplina escolar: Revisión

Arencibia Arencibia exponnos este tema de forma novidosa. Conta a historia dun asesor que chega a un colexio no ano 92 para solucionar a principal dificultade que teñen no centro, a indisciplina. Os profesores precisan de alguén que os guíe nesta problemática e necesitan de alguén que lles faga traballar en conxunto para acabar dunha vez por todas este inconvinte que afecta gravemente a convivencia no seu lugar de traballo.

Velaquí unha das primeiras frases que o asesor lles dixo ao profesorado unha vez incorporado ao centro:

Non entendo que o feito de prestarlles apoio signifique que eu sei máis que vostedes sobre as súas preocupacións ou necesidades. O feito de vir da Universidade non me confire a potestade de dicir o que hai que facer. O traballo concíboo como unha relación na que a toma de decisións se faga de forma conxunta, entre todos. É moi importante que todas/os se sintan partícipes na toma de decisións.

O asesor considérase importante para solucionar este problema, pero non é a panacea que resolverá todos e cada un dos problemas dos profesores por arte de maxia. El só é unha guía que os orientará para que solucionen eles mesmos os problemas.

Debían realizar un plan de traballo para solventar a indisciplina e dito plan de traballo debería presentarse como o Proxecto á Consellería da Educación e para iso había que axuntarlle un presuposto crecido: hai que pedir vinte para que che dean dez, as cousas son así.

Pouco a pouco foise creando un clima de confianza e de traballo que posibilitou un avance na resolución deste conflito e comezouse a coñecer outras realidades do centro e demostrando capacidade. Nas reunións do claustro ao principio só interviñan oito profesores e catorce permaneceron en silencio.

Pero non se debían quedar soamente ca resolución da indisciplina, había que facer unha autorrevisión da escola e unha priorización dun ámbito de mellora para consensuar unha serie de ámbitos xerais que xunto á disciplina foran susceptibles de mellorar (O asesor probou a separar aos profesores en pequenos grupos para obter mellores resultados).

Ca realización da priorización e o traballo que realizaron profesores ao longo do proceso (reflexión individual, por ciclos, no claustro), o centro non só confirmou o que facía moito tempo que intuía, se non que dispoñía dun mapa cas súas necesidades básicas priorizadas e consensuadas. Iniciábase unha relación entre o profesorado presidida pola crítica e o respeto ás opinións dos demais pero tendo como punto de partida a necesidade de alcanzar acordos para continuar traballando na mesma dirección.

A partir de aí crease unha nova estrutura organizativa. Á proposta do asesor chamóuselle G.C.I. (Grupo de coordinación interna). O resultado deste longo proceso de debate nos ciclos e o G.C.I. foi a aparición dun informe que reflexaba unha evolución moi clara da disciplina no centro. Ese informe incluía un listado de problemas nos que se concretaba a indisciplina do centro. Os problemas aparecían categorizados según os ciclos onde se produxeran. A partir de agora xa non se falaría de disciplina en xeral, esta concretouse nun problema prioritario a resolver; a agresividade verbal e física.

Pero ocorreu un incidente crítico importante que agravou a situación de indisciplina. O asesor percatouse de que durante o tempo transcorrido entre sesións, producíronse unha serie de acontecementos, moi centrados nalgúns profesores, que concluían ca presenza de certos alumnos na xefatura de estudos baixo o argumento: “aquí o tes, non o aturo máis”.

Avanzouse un paso máis e creouse a comisión de disciplina que supoñía un paso moi importante na toma de decisións sobre os casos máis graves de indisciplina no centro.

O asesor quixo continuar e elaborou un plan que permitía poñer en práctica a solución priorizada e, xunto ao R.R.I., integralo no PEC. Consistía en elaborar un borrador que sería presentado ao claustro co obxectivo de comezar a debater, onde estamos: na rúa?, cas características físicas do centro; reconstruíndo a nosa historia, etc.

Unha vez feito o borrador e integrado no PEC, o asesor comeza a súa intervención felicitando ao claustro polo traballo realizado e para potenciar aínda máis a idea de construír un PEC dende as necesidades e compromisos dos membros da Comunidade Educativa.

Ata agora os proxectos que se presentaban anualmente á Consellería de Educación elaborábaos o asesor pero agora parece que xa se fan por vontade propia dos profesores estando o asesor unicamente de apoio.

O centro aínda tivo máis problemática que solucionar como cambios importantes na plantilla, cambios nos cursos pola chegada da ESO e novos profesores para incorporarse ao resto pero todos se puideron solucionar co traballo en conxunto de profesores e asesores. Recóllese no capítulo un fragmento da opinión dunha das docentes:

Estou alucinada. Neste centro traballouse moitísimo e isto non é o normal que se ve por aí. Polo que coñecemos do colexio neste mes, é evidente que as cousas cambiaron moito. O que contabas do ano 92 ata a data non é o que nós percibimos agora.

Por último, o centro por fin conseguiu o obxectivo que pretendía e a disciplina pasou de ser o problema principal. O equipo de docentes continuo traballando arreo polo porvir do centro co apoio desinteresado do asesor.

Sinceramente pareceume un dos capítulos máis orixinais que lin de todo o libro e púidome facilitar a comprensión de como é a vivencia dun asesor nun centro de educación, con todos os problemas que xorden, cas solucións que se propoñen e poder ver como se traballa en equipo para resolver as típicas problemáticas que se atopan nun colexio calquera.