Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado: recopilación final.: Revisión

4º de Pedagoxía ofreceunos a oportunidade neste curso 2012/2013 de cursar a materia de Formación e Desenvolvemento Profesional do Prefesorado. Con ela, volvemos a reabrir Stellae, unha rede social moi peculiar que xa estivo presente noutras materias de cursos anteriores.

Da man de Lourdes Montero, progresamos día a día neste campo, analizando aspectos relacionados, xa ben sexa directa ou indirectamente, coa formación do profesorado. Mediante sesións expositivas e de laboratorio, fixemos un longo percorrido polos contidos que esta materia nos pode ofrecer. Cada un de nós publicamos nesta rede as nosas valoracións, críticas, valoracións ou mesmo información de interese para a elaboración dun portafolio da materia.

A continuación, refléxanse os blogs que considero máis importantes das publicacións realizadas ao longo deste primeiro cuatrimestre.