Historial

2. Formación do profesorado.: Revisión

2. Formación do profesorado.

Última actualización de en ...

FORMACIÓN DO PROFESORADO

 

Imaxe formación do profesorado

 

Tal vez sobre esta temática sexa sobre a que máis aprendín na materia xa que en torno a ela xiraron tódalas actividades que se foron desenvolvendo. Ademais, a formación do profesorado supón un tema que a penas fora traballado anteriormente na titulación. Este pouco coñecemento previo sobre o tema reflectiuse na primeira actividade grupal levada a cabo na clase, onde amosamos as nosas ideas previas sobre a formación do profesorado.

Coñecementos previos sobre a formación do profesorado

 

Pero se hai un aspecto da formación do profesorado do cal a penas tiña coñecementos previos, ese é a formación permanente, xa que a formación inicial si que fora tratada noutras materias. A información ofrecida na clase sobre a formación permanente permitiume coñecer aspectos tan importantes como as características desta formación no noso país ou as dos centros que as imparten.

Formación permanente profesorado

 

En relación coa formación permanente do profesorado, outro aspecto fundamental é a súa formación en TICS. Este é un aspecto que me interesa moito, xa que considero que na sociedade da información e do coñecemento na que vivimos, os profesores deben recibir unha formación tecnolóxica, que en moitos casos os adapte e os prepara para as modernas necesidades do sistema educativo.

Formación do Profesorado en TIC

Hoxe falarei dun aspecto que segundo o meu punto de vista supón un punto de gran importancia, por non decir o punto principal, na formación do profesorado na actualidade: a formación do profesorado en TIC.

Para comezar, gustaríame falar do grado que o profesorado ten para incorporar as TIC na súa actividade docente, segundo certas investigacións (Cabero, 2000a, b e c; Fernández e Cebreiro, 2002; Guzmán, 2002; Cabero, 2003) que no seu momento ofrecen os seguintes datos:

  • O profesorado mostra un gran interese por estar formado para a utilizacións deste tipo de instrumentos didácticos.
  • Os profesores cren que non se atopan capacitados para utilizalas TICs que teñen a súa disposición nas institucións educativas.
  • O seu coñecemento é inferior para a súa utilización didáctica e para o deseño de mensaxes coas TIC's, que para o seu manexo técnico.
  • A súa capacitación é menor nas que poderíamos considerar como novas tecnoloxías, que naquelas cunha presencia más tradicional nos centros educativos.
Está claro que na actualidade vivimos nunha sociedade da información e do coñecemento, que cada vez está máis dixitalizada, polo que desde o meu punto de vista, un dos aspectos fundamentais sobre os cales hai que traballar para poder adaptarnos con maior rapidez a estos cambios actuais, é a formación do profesorado en TIC, incidindo desde a formación inicial dos que serán futuros profesores, ata a formación permanente que permita actualizarse, modernizarse e adaptarse ós actuais profesores ás novas necesidades.
 
Esta formación en TIC, debe de asumir o desenvolvemento de competencias ó menos en catro dimensións: instrumental, cognitiva, actitudinal e política.
  • Dimensión Instrumental: é a relativa ó dominio técnico da tecnoloxía (hardware e software).
  • Dimensión cognitiva: refírese á adquisición de coñecementos e habilidades que permitan buscar, seleccionar, analizar, comprender e recrear toda a información á que as novas tecnoloxías nos permiten acceder (empregar a información dunha forma significativa).
  • Dimensión actitudinal: referente ó desenfolvemento dos valores e actitudes hacia a tecnoloxía que impidan caer nin nun posicionamento de fobia á tecnoloxía nin de aceptación acrítica da mesma.
  • Dimensión política: relativa á toma de conciencia sobre a influencia da tecnoloxía e a súa non neutralidade. A tecnoloxía incide de xeito significativo na forma na que interactuamos co entorno, entre as persoas. Incluso modifica o xeito no que realizamos algunhas actividades cotiás ou exclúe desde circuito a persoas que por diversas razóns non poden acceder a elas.
Ademais, esta formación do profesorado en TIC é indispensable xa que hay algo no que todos deberíamos de estar dacordo, e iso é que é innegable que as TICs desempeñan un papel positivo no desenvolvemento das tarefas de ensino-aprendizaxe. Entre as posibilidades que nos ofrecen as TIC gustaríame destacar as seguintes:
  • Eliminar as barreiras espacio-temporais entre o profesor e o estudiante.
  • Flexibilizar o ensino (tempo, espazo, ferramentas de comunicación e códigos cos que os alumnos desexen interaccionar).
  • Ampliar a oferta formativa para o estudante.
  • Favorecer a creación de escenarios tanto para a aprendizaxe cooperativa como para a autoaprendizaxe.
  • Potenciar a aprendizaxe ó longo de toda a vida.
  • Favorecer a interacción e interconexión dos participantes na oferta educativa.
  • Adatpar os medios ás características dos diversos suxetos.
  • Axudar a comunicarse e interaccionar co seu entorno a suxetos con necesidades educativas especiais.
  • Romper os clásicos escenarios formativos, limitados ás institucións escolares.
  • Ofrecer novas posibilidades para a orientación e a tutorización dos estudantes.

 

Agora, enlazarei un vídeo do profesor Jordi Adell da Universidade Jaume I de Castellón, no que fala sobre a formación do profesorado en TICs: 

Neste vídeo, o profesor Jordi Adell fala dos dous momentos de formación polos que pasa o profesorado en relación ás TIC: a formación inicial e a permanente. En canto á formación inicial é fundamental que os profesores das universidades non caian no erro de falar das TIC desde un punto de vista simplemente teórico, senón que as empregen nos seus procesos de ensino. Polo que se refire á formación permanente existe unha preocupación por adquirir formación neste ámbito, aínda que hai profesores e profesoras que non ven a necesidade e incluso o ven como un problema, mentres que é a solución a moitos problemas do sistema educativo tradicionalista que existe.

Ademais, a formación do profesorado non se debe de centrar soamente no manexo da tecnoloxía, senón no uso didáctico da tecnoloxía. Isto é algo co que estou totalmente de acordo, xa que parece que a solución, incluso que ofrecen moitos cursos de formación para profesores é a de eninar a traballar coa tecnoloxía desde un punto de vista técnico, cando é máis importante que aprendan a empregar didácticamente a tecnoloxía.

 

Xa para rematar, gustaríame dicir que desde o meu punto de vista, a situación actual da formación en TICs dos profesores, segundo a miña experiencia no sistema educativo, é xeralmente mala, xa que a maioría dos profesores non consideran as novas tecnoloxías como unha ferramenta de gran importancia para mellorar proceso didáctico, e moitos outros a penas saben empregalas. Ademais, as experiencias vividas nas que empreguei as TICs no eido educativo como pode ser a andadura por Stellae nas dúas materias da universidade, ofrecen unha nova forma de aprendizaxe, unha aprendizaxe en rede na que o conectivismo favorece actitudes como poden ser a búsqueda e selección de información, así como o tratamento da información para volver a ser ofrecida á comunidade ou os compañeiros, o que propicia que o alumno seixo dono do seu proceso de aprendizaxe.

 

A infomación para a elaboración desta entrada foi extraída de:

http://www.razonypalabra.org.mx/n63/abosco.html

http://tecnologiaedu.us.es/cuestionario/bibliovir/jca11.pdf


En directa relación coa formación do profesorado hai unhas figuras fundamentais e que case eran descoñecidas para min ata o momento: os formadores e asesores do profesorado. O labor destas persoas é fundamental para avanzar cara unha mellora na calidade da educación, pero socialmente a penas son coñecidos e polo tanto recoñecidos.

Os formadores e asesores do profesorado.

Nesta entrada ó blog, comentarei un video de Miguel Soler, exdirector Xeral de Formación Profesional do MEC, no cal fala sobre o perfil profesional dos formadores e asesores do profesorado:

 

Comeza dicindo que as competencias básicas non se deben de traballar como un engadido ó curriculum, senón que son os contidos do curriculum os que dan lugar a esas competencias básicas, algo co que estou totalmente de acordo, xa que o currículo esixe ou debera esixir contidos que permitan obter competencias básicas.

Polo tanto, esíxese un traballo común con profesionais doutros ámbitos para determinar eses aprendizaxes imprescindibles, o que require un traballo multidisciplinar, sendo fundamental axudar ó profesorado para ese traballo en común. Eu creo, que isto é fundamental, pois o profesorado ten que estar formado para traballar con outros profesionais na busca dos contidos que configuren un curriculum oficial a partir do cal se poda acceder a tódalas competencias e aprendizaxes básicos.

Sempre se fala da necesidade de facer ós alumnos autónomos, que poidan aprender pola súa conta, pero neste vídeo Miguel Soler destaca a importancia de potenciar ese aprendizaxe autónomo por parte dos profesores, a través de actividades individuais. É moi importante que os profesores sexan autónomos e sexan capaces de aprender pola súa conta, pois é un aspecto que os converterá en grandes ensinantes.

En canto á formación inicial dos futuros formadores e asesores, descarta á universidade e prefire persoas con traxectoria docente que reciban unha formación específica que lles permita converterse en formadores. Isto falouse nas últimas sesións expositivas, e propúxose como un aspecto cunha certa negatividade, xa que propicia unha escasa formación nesa transición de profesor a asesor. Na miña opinión, o que resulta totalmente negativo é non contar coa universidade neste punto, xa que opino que un modelo mixto de formación tería un mellor resultado: profesores cunha traxectoria docente que reciban formación por parte das universidades.

Polo que se refire á formación permanente dos formadores e asesores, Miguel Soler confía en que ningunha comunidade autónoma posúe por si sola a capacidade para formar a súa rede de asesores, polo que o MEC ofrecerá plans comúns de actuación. En relación a este aspecto, aínda que confío en que a descentralización da formación ten un carácter positivo que permite adecuala ás características propias de cada comunidade, tamén creo que un plan común permite obter os aspectos comúns que tódolos formadores dun país deben ter.

En referencia ó anterior, Miguel Soler ve como insuficiente os actuais Centros de Profesores para responder á demanda de formación do profesorado, dicindo que é necesaria a creación doutro tipo de entidades de ámbito nacional.

Xa para rematar, gustaríame comentar un aspecto que se falou nas sesións expositivas desta semana en relación a este tema, que chamou moito a miña atención. Foi o paso de formadores a asesores (o que supón unha perda de calidade na formación), do cal se falou que pode estar motivado por un certo “medo” ó feito de crear persoas e profesores moi ben formados e cun gran sentido crítico. En relación a este suposto, gustaríame dicir que é unha idea que me convence, xa que confío en que en moitas ocasións as decisións políticas tomadas en relación á formación (a calquera nivel) supoñen un empeoramento da situación actual que busca que os individuos estean peor formados e polo tanto non desenvolvan o seu sentido crítico, o seu afán pola mellora ou polo cambio de situacións, etc.


Xa para rematar co aspecto da formación,  inclúo o análise que o meu grupo fixo na clase sobre o Plan Anual de Formación do Profesorado de Galicia, centrándonos na formación dos profesores en canto ó Proxecto Abalar.

Proxecto abalar

Análise do Plan Anual de Formación do Profesorado