Raquel Souto López

Soy una persona que actualmente se está formando para llegar a ser una futura psicopedagoga y que con anterioridad estuvo en la titulación de Educación Infantil puesto que me gustaría dedicarme al ámbito de la educación.

Historial

Páxina 5.: Revisión

Páxina 5.

Última actualización de en Raquel Souto López

ANÁLISE COMÚN DA PRIMEIRA ACTIVIDADE.

Hoxe realizouse na aula unha análise de cada unha das cuestión propostas para a primeira das actividades coa intención de afondar máis nos campos do asesoramento, as súas funcións, qué se entende por asesorar … e poder atopar similitudes e diferenzas entre as aportacións ofrecidas por cada un dos grupos da aula.

En canto á primeira das cuestións relativa ós escenarios nos que se desenvolven tarefas de asesoramento, destacar que algúns dos grupos empregaron conceptos como os ámbito de asesoramento, mentres que outros optaron por denominalos situacións, escenarios ou institucións onde o asesor desenvolvería o seu traballo.

En canto a este aspecto, pódese destacar a gran amplitude da labor de asesoramento posto que esta se atopa en lugares moi diferentes pero nos que se debe ter en conta a importancia do contexto, é dicir, a relación existente entre o asesoramento e o contexto no que ten lugar, debido a que dito asesoramento se vai a alimentar de diversos contidos pertencentes ó ámbito no que se atope para posteriormente participar neles.

Desta maneira cómpre dicir que existía unha gran similitude entre as clasificacións realizadas polos grupos a pesar dunha discrepancia como é o asesoramento en relación coa rede (cuestión non contemplada por algún grupo).

Finalmente como aspecto a salientar é a posición que ocupa o asesor/a nos diversos ámbitos, dando lugar á conclusión de que esta figura se atopa oculta, é dicir, realizan o seu traballo de forma silenciosa sen ter un afán de protagonismo.

Centrándonos xa nas funcións dos asesores/as, pódese destacar que esta cuestión foi traballada polos grupos de maneira similar, plasmando como cuestión relevante a horizontalidade desta figura en tódolos ámbitos, non só no escolar. Deste xeito, enténdese o asesoramento a diferenza da orientación como unha forma de traballo na que non existe xerarquización, mentres que na orientación, esta está enfocada a alguén que non se atopa no mesmo nivel.

Así, o asesoramento correspóndese cun traballo de igual a igual, un diálogo entre persoas que se atopan ó mesmo nivel coa intención de apoio, axuda, acompañamento, guía … considerando así estas algunhas das funcións do asesor.

Por outro lado, falouse da importancia do asesoramento tanto a nivel remedial como a nivel preventivo, debido a que moitos grupos encasillaban o apoio co remedial e non cun carácter preventivo. Dende o meu punto de vista é necesario levar a cabo un asesoramento centrado nas dúas vertentes xa que en situacións será oportuno axudar a resolver problemas e noutros caso será de gran importancia poder previlos antes de que estes se desenvolvan traballando as cuestións que sexan pertinentes.

 

                                            Asesoramento: Problema / Solución.