Historial

2. Introdución: Revisión

2. Introdución

Última actualización de en silvia

Na introdución gustaríame facer referencia a 2 aspectos. O primeiro deles, xustificar porque elixín esta imaxe para a portada, esta especie de trampolín dende o cal teño a intención de lanzarme a piscina. En segundo lugar, gustaríame reflexar na introdución como foi o transcurso da materia dende o comezo ata o final. 

2.1. ¿Porque esta imaxe? ¿Describe como me sentín nesta nova experiencia?

                                               A meta: o coñecemento da TE

En primeiro lugar, e como comentaba na miña derradeira entrada do blog, eu situaríame ao comezo da materia nun trampolín, nunha especie de balancín sobre o que me ía movendo e aproximando lentamente cara ao final do mesmo para finalmente decidir si me aventuraba nesta nova experiencia de aprendizaxe que supoñía a construcción do e-portafolios. Por suposto a resposta foi si, e aínda que ao comezo dubidaba, metinme de cheo na piscina, isto é, comecei a indagar a adentrarme nun ámbito que aínda está presente nas nosas vidas, descoñecemos moitas cuestións sobre o mesmo. ¿Alguén se imaxinou cando se adentrou nesta aventura que todos un PLE?

Agora e despois de todo o proceso,diría que xa non estou nese trampolín dende o cal vía con temor a piscina, senón que agora xa estou dentro desa piscina guiando e construindo o meu propio coñecemento. 

2.2. ¿Cómo se desenvolveu o meu proceso de aprendizaxe?

Chegou o momento de poñer fin a unha aventura que comezaba hai apenas tres meses, unha aventura iniciada con temor ante o descoñecido, ante un novo método de aprendizaxe e tamén de avaliación. Sen embargo, moitos de nos queríamos unha metodoloxía diferente que se distanciase da vivida ata o momento na carreira, unha metodoloxía que nos permitise ser axentes activos do noso propio proceso de aprendizaxe, sen estar subscritos a adquisición duns contidos fixos seleccionados de antemán polo docente e que ditos contidos estiveran, á súa vez, limitados polo tempo que se dedicaría a cada un deles. 

Estaríamos iniciando un novo camiño que incluía unha metodoloxía diferente, e orientada ao aprendizaxe autónomo, un aprendizaxe construído paso a paso por cada un de nós. 

Un camiño por percorrer    O sendeiro polo que camiñamos en busca do coñemento da tecnoloxía


Sen embargo, cando a docente  nos presentou este novo camiño que íamos a seguir durante o desenvolvemento da materia, propoñéndonos traballar no Stellae sobre a  construcción dun e-portafolios, incluindo no mesmo a información que considerabamos relevante para o noso proceso de aprendizaxe, sentimos un temor hacia esta actividade que nos estaba propoñendo, temor cara ao descoñecido ¿Pero quen non experimentou nunca esta sensación de desconcerto e medo ante algo diferente ao habitual? 

Este medo era provocado pola liberdade que nos deixaba a actividade (algo ao que non estamos acostumados, xa que polo contrario sempre esperamos a que nos digan o que temos e como temos que facelo), podendo incluír no e-portafolios calquera tipo de información que gardase relación coa tecnoloxía, e relacionando a mesma co ámbito educativo.Sen embargo, esta tarefa abríanos un mundo de posibilidades, de ahí que unha vez iniciada a actividade de publicar no blog, nos xurdiran dúbidas acerca de se o que publicamos estaba ben ou non, se estábamos facendo a tarefa dacordo ao que se nos explicara nas primeiras clases ou se pola contra tiñamos que modificar as nosas entradas. Sen embargo, cando lle preguntabamos á docente se o que incluíamos no e-portafolios estaba ben, a súa resposta foi a seguinte: ¿A información que publicas axuda a construír o teu proceso de aprendizaxe da materia? 

E o certo, é que aínda que a resposta non nos aclarou ningunha dúbida, tiña moita razón en plantexarnos esta cuestión, xa que non todos os compañeiros tratamos no blog os mesmos temas nin abordamos os mesmo contidos dende un único enfoque. A isto se refería a docente, a que cada un de nos fosemos construindo o noso proceso buscando sobre aqueles contidos que nos interesasen, de ahí que cada protafolios sexa único e describa o aprendizaxe realizado por cada un de nós ao longo da materia. 

Pouco a pouco, e a medida que avanzaban as clases, comezabamos a sentirnos máis cómodos traballando no Stellae, e publicando sobre aqueles contidos que realmente nos interesaban. A este proceso contribuiron as actividades que se propoñían nas clases presenciais, primeiro, a través da realización do vídeo, da busca eficiente na rede ou da elaboración do noso PLE. Tamén é importante indicar, que despois da primeira avaliación, quedamos un pouco máis tranquilos, coñecendo así os aspectos que deberíamos modificar ou aqueles contidos que teríamos que abordar con maior profundidade. 

A raíz desta actividade comezamos a sentirnos a gusto buscando información e intentando reflexar no blog as inquietudes que cada un de nós sobre determinados temas de actualidade, como eran as redes sociais, a falta de formación do profesorado, a educación a distancia ou e-learning, contidos que fomos abordando na aula, pero que fóra da mesma tiñamos a posibilidade de ampliar. 

E finalmente, despois das fases anteriores de temor, desconcerto e produtividade chegamos ao final, ao remate dunha gran aventura da que todos fomos partícipes, construíndo xuntos o coñecemento da TE. Sen embargo, pódemos dicir que rematamos este primeiro viaxe de introducción a TE, pero esta viaxe non fixo máis que despegar e aínda nos queda un longo camiño por diante para coñecer en profundidade unha materia que engloba unha gran cantidade de contidos e aspectos diversos. 

Viaxe cara a TE

Gustaríavos coñecer as paradas do meu viaxe ata chegar á meta? A continuación explicarei as fases polas que fun pasando ata alcanzar a meta fixada.