C- OS FROITOS MÁIS IMPORTANTES: Revisión

C- OS FROITOS MÁIS IMPORTANTES

Última actualización de en Estefania Lopez Penin

Pois ben, despois de facer referencia a nova metodoloxía empregada considero que é importante analizar os resultados destacando cales foron as aportacións que considero  que foron máis importantes para o meu proceso de aprendizaxe.  Na miña recolleita de froitos destacaría tres:

1-      CLASES TEÓRICAS E PRÁCTICAS

Un elemento fundamental e importantísimo para poder desenvolver o noso traballo nesta materia, foi  o traballo realizado por parte da profesora. Considero que foi a encargada de dirixir un grupo, transmitindo os seus coñecementos e as súas habilidades. O seu rol é fundamental neste proceso, como coordinadora da materia establece os obxectivos que temos que alcanzar. As súas explicacións son esenciais para que posteriormente cada un de nos reflexionemos sobre o que se tratou na clase e así pensar de que xeito traballaremos un determinado tema. Por iso considero un elemento esencial as clases tanto expositivas como interactivas, fundamentais para poder desenvolver o noso proceso de aprendizaxe. Como mencionei na introdución:,

” a árbore non pode dar bos froitos nin estar sana si non recibe os raios do sol”.

 

2-      EMPREGAR AS FERRAMENTAS ADECUADAS

En  segundo lugar, un froito de gran valor que  considero que é  fundamental para poder traballar con informacións fiables, foi coñecer fontes de información consistentes e con datos verídicos que me axudaron a poder ampliar os meus coñecementos sabendo que o empregado era o adecuado. Con isto quero facer referencia polo tanto a aqueles blogs dedicados os buscadores e os diferentes tipos. Tal vez soe ridículo pero antes non sabía que existían, polo que  as miñas búsquedas se limitaban a  google, sen saber contrastar informacións para seleccionar a máis adecuada. Deste xeito a posibilidade de desenvolver as miñas habilidades metacognitvas da forma máis eficaz  víronse favorecidas xa  que a mensaxe transmitida e os contidos atópanse máis cheos de fiabilidade. Entre estas habilidades destacaría transmitir a mensaxe que queres, ter a capacidade de reflexionar sobre un tema, seleccionar a mellor información, para finalmente traballalo e realizar unha valoración.

” A árbore e capaz de identificar a través das raíces os compoñentes da terra que son bos ou malos para non prexudicar a súa saúde”.

3-      AS APORTACIÓNS DE CADA UN DE NOS.

O último froito que meto na miña cesta é todas aquelas aportacións que vos, os meus compañeiros  fixestes. Creo que a opinión dos demais é fundamental tanto para reflexionar sobre un tema , complementar algunha información ou crear un debate. Ademais coñecer o que pensan os demais, saber como traballan, como pensan e algo que indirectamente nos axuda no noso proceso; xa que contrastar a nosa opinión moitas veces axúdanos  a perder o medo a equivocarte o comprobar que o que ti pesas tamén o pensan os demais.  Por iso solo podería dicir, moitas grazas a todos, gustaríame rematar este apartado con esta frase,

 “A árbore necesita de varios elementos para sobrevivir”.

Polo tanto o proceso centraríase, nunha boa explicación que che axuda a reflexionar, pensar, indagar como vas enfocar o tema. Despois o emprego das ferramentas adecuadas facilitaran o traballo.  Por último ter en conta as opinións dos demais é algo fundamental para este proceso de aprendizaxe. Así, coa colaboración de todos creamos un pensamento crítico, teórico e fiable.

image