Historial

4. Conclusión final: Revisión

4. Conclusión final

Última actualización de en silvia

Luz ante unha inmensa escuridade

Esta imaxe representa o acceso ao coñecemento da tecnoloxía educativa. Despois de comezar por un proceso de escuridade, chegou a luz, a posibilidade de coñecer e establecer relacións sobre contidos que nun primeiro momento estaba dispersos. ¿Quen de nós imaxinaría que esta metodoloxía que tanto cuestionamos ao principio, nos permitiría alcanzar un coñecemento da TE tan profundo?

Para rematar, gustaríame facer alusión a diversos aspectos.  

En primeiro lugar, dar as grazas á docente da materia por propornos unha metodoloxía diferente na materia de tecnoloxía educativa. De feito, considero que esta metodoloxía favoreceu o meu proceso de aprendizaxe, xa que en función dos temas abordados na aula, eu profundizaba fora da mesma sobre aqueles contidos que me interesaban, chegando a ter un gran coñecemento de diversos temas que antes coñecía superficialmente. 

Aínda que iniciaba esta aventura indecisa e moitos interrogantes por diante, o certo é que dende o comezo tiven claras as dúas liñas de investigación sobre as que quería indagar e profundizar nas miñas entradas do blog. O primeiro tema era sobre a falta de formación dos docentes para xestionar os recursos tecnolóxicos presentes nos centros educativos, mentres a segunda liña de investigación aludía aos riscos derivados da utilización das redes sociais, cando non se fai un bo uso das mesmas. 

Estes dous temas foron nos que nun comezo centrín toda a miña atención. Sen embargo, a medida que íamos tocando outros puntos na clase, descubrín o meu interese por outros temas, como foi o caso das teorías de aprendizaje asociadas ao uso das TICs (Conductismo, cognitivismo, construtivismo, conectvismo). 

Tamén o tema do e-learning logrou captar o meu interese, aínda que dito tema non foi abordado coa profundidade que me gustaría. 

Sen embargo, aínda que aínda temas que non toquín, considero que a través das entradas dos meus compañeiros podía completar a formación que me faltaba sobre un determinado contido, como ocorreu por exemplo cos MOOC. 

Por último, indicar que foi o coñecemento que agora teño da tecnoloxía educativa foi grazas ao traballo colaborativo cos meus compañeiros de clase, que sen duda gozan dun papel primordial no meu PLE. 

Espero que esta aventura poida continúar e así seguir construíndo xuntos coñecemento. 

                                                                                                        Continuará....