Historial

3. Fases do meu proceso de aprendizaxe: Revisión

3. Fases do meu proceso de aprendizaxe

Última actualización de en silvia

Como comentaba brevemente na introdución, o meu proceso de aprendizaxe foi pasando por diversas fases, que explicarei con detalle nas vindeiras subpáxinas. 

1. Unha primeira fase de medo e desconcerto ante a realización do e-portafolios, no que debíamos deixar constancia dos coñecementos que íamos adquirindo. Pero, ¿Qué é un portafolios? ¿Qué debemos incluír no mesmo? Estas foron as primeiras preguntas que me surxiron e as cales tiven que dar unha resposta, para poder comezar o meu traballo na rede Stellae. 

                Medo ao descoñecido                       Interrogantes e dudas no proceso de aprendizaxe             

    

2. A segunda fase corresponderíase coa solución destas dúbidas iniciais, comezando así un período que consistía na búsqueda de información e posterior reflexión, para deixar constancia no e-portafolios dos temas que realmente me interesaban. Nesta fase comezaba a investigar sobre os contidos que me interesaban. 

                                                  Reflexionando...

3. Finalmente, a terceira fase estaría relacionada coa anterior, pero nesta etapa atendería a outras cuestións, como sería a creatividade persoal, isto é, non so amosar información sobre un tema especifico e reflexionar sobre o mesmo, senón tamén ofrecer a miña valoración e experiencia en relación a ese tema. Ademais, trataríase de explicar un tema de maneira de captase a atención dos compañeiros, e para iso, precisábamos ser creativos, buscando un nome para cada entrada que resultase atractivo, e que ao mesmo tempo abordaramos as cuestións con naturalidade propia, en función ao estilo persoal que cada un de nós temos. 

                                                   Creatividade