Nuria Couto

Considero que son unha persoa empática, solidaria e amable.

Historial

2. Primeira parada: Stavanger: Revisión

2. Primeira parada: Stavanger

Última actualización de en Nuria Couto

PRIMEIRA PARADA: STAVANGER

O noso primeiro desembarco ten lugar en Stavanger. Aquí tras cruzar en barco o Fiordo de Lyse, baixamos a terra para subir durante un par de horas de camiño ao emblema deste fiordo, o Preikestolen.

preikestoles camino.jpg

Tras un duro pero reconfortante sendeiro chegamos ao coñecido como ‘Púlpito’ onde podemos pararnos a descansar e pensar en todo o que a viaxe vai traer consigo. Antes de continuar debemos coñecer máis en profundidade o que imos a descubrir. Qué é o asesoramento? É o mesmo asesoramento educativo e orientación educativa?

-Cantas dúbidas xorden ao comezo de calquera andaina … Oxalá atopase a axuda de alguén que puidera botarme unha man, para así acadar unha boa base sobre o Asesoramento e poder continuar a miña travesía … Agarda un momento? É certo o que estou vendo?

-Pois claro que si Nuria. Somos nós, os Trolls noruegos da educación.

trolls noruegos mitoloxía.jpg


-Pero … Vós non sodes seres mitolóxicos?

-Pode que si ou pode que non, depende de como ti nos queiras ver. Nós vivimos a través das montañas e fiordos de Noruega, o que acontece é que as persoas tardan en dar con nos. Queremos que saibas que estamos aquí para axudarte, esa é a nosa misión, axudar a xente que anda un pouco perdida, como é o teu caso.

-De verdade? Sería estupendo contar coa vosa sabedoría por que me agarda unha longa viaxe a través do Asesoramento e teño que aclarar as miñas ideas en cada porto como me dixo o capitán, para así disfrutar máis desta aventura.

-Para iso estamos nós! Toma, deixámoste o “Den Magiske Boka om utdanning”.

-Que é iso?

-É “O libro máxico da Educación” Vai ao capítulo 18 e alí atoparás o que buscas. Vémonos na túa seguinte parada. Disfruta da lectura e das marabillosas vistas dende o Púlpito. Por certo! Non perdas o libro! Ímolo necesitar.

Preikestolen (Stavanger).jpg