Nuria Couto

Considero que son unha persoa empática, solidaria e amable.

Historial

4. Terceira parada: Geirangerfjord: Revisión

4. Terceira parada: Geirangerfjord

Última actualización de en Nuria Couto

TERCEIRA PARADA: GEIRANGERFJORD

Durante esta nova travesía non podía deixar de pensar en todo o aprendido. Supoñía que a información que os Trolls podían ofrecerme no meu camiño estaba chegando ao seu fin, pero coma sempre equivocábame.
Tras unha longa viaxe chegamos finalmente a un fiordo interior situado na costa occidental da península escandinava, o Geirangerfjord.

Geirangenfjord.jpg

A miña sorpresa ao baixar do barco foi atoparme cos Trolls, os cales estaban agardando por min, para xuntos realizar unha ruta de senderismo e así apreciar as vistas dende outra perspectiva.

-Bueno creo que agora xa aprendín todo o que tiña que aprender non? (Preguntei)

-Aprendiches moitas cousas, está claro! Pero inda temos un punto moi importante que traballar, non crees?

-A verdade, pois non sei.

-Pensemos Nuria. Ata agora viñemos falando do Asesoramento e moitos outros aspectos vinculados co mesmo, non si?

-Así é.

-Pois ben. Quen vai ser a persoa clave para desenvolver dun xeito profesional todos estes aspectos?

-O asesor/a! Claro! Preciso das características e habilidades que deben formar a un bo asesor/a psicopedagóxico/a.

-Iso é. Pois aquí te deixamos. Goza da paisaxe e da lectura do capítulo 30 do libro. Alí atoparás un bo conxuro para ser unha boa profesional.