Nuria Couto

Considero que son unha persoa empática, solidaria e amable.

Historial

3. Segunda parada: Flam: Revisión

3. Segunda parada: Flam

Última actualización de en Nuria Couto

SEGUNDA PARADA: FLÅM

Amencía o día é o fiordo Aurlandsfjord dábanos a benvida. Estabamos en Flåm, un pequeno pobo perdido no extenso litoral noruego. Unha vez atracado o barco puidemos ver como inmensas montañas cubertas de neve nos seus picos máis altos, arroupaban a esta pequena vila. Asombrada por semellante paisaxe baixei do cruceiro coa esperanza te atoparme cos meus vellos amigos, os Trolls.

Flam.JPG

 

Tras unha ruta a carón das montañas, xusto na beira dun río que cruzaba o pobo, escoitei unhas voces que berraban o meu nome. Alí por fin estaban os pequenos Trolls e comezamos a falar de toda a información que recadará co seu libro

 PB035832.JPG

 

-Nuria, non penses que todo está feito xa. (Dixéronme)

-Pero, por que dicides iso? Teño abundante información sobre qué é o asesoramento, así coma das súas tipoloxías; e ademais sei diferencialo da orientación educativa. Que máis preciso?

-Pois claro que precisas máis cousas! Xa que como boa asesora psicopedagóxica deberás ter en conta as diferentes barreiras que poden xurdir, as novas lexislacións, así coma tamén saber asesorar na diversidade. A ver, sabes por exemplo que é a educación comprensiva?

-Unha educación na que todos e todas se comprenden?

-Creo que necesitas saber un pouquiño máis sobre estes aspectos; créeme son vitais para un bo desenvolvemento do teu traballo. Corre! Cando leas os capítulos 20 e 22 do libro volveremos a falar. Vémonos pronto.