Nuria Couto

Considero que son unha persoa empática, solidaria e amable.

Historial

5. Cuarta parada: Tromso: Revisión

5. Cuarta parada: Tromso

Última actualización de en Nuria Couto

CUARTA PARADA: TROMSO

Tras unha longa viaxes polos mares noruegos, chegamos a Tromso. Debía de ser moi tarde, a verdade e que moitos case imos aos nosos camarotes para durmir, xa que era de noite. Si que durou esta travesía. De pronto escoitamos as risas do capitán. Por que se estaba a rir de nós? Resulta que soamente eran as cinco da tarde, pero estabamos tan ao norte de Noruega, que xa sabedes que alí o sol vaise e volve antes do que en Galicia poidamos imaxinar.

Tromso-city-winter-Norway-740.JPG

En definitiva tiñamos toda a tarde para percorrer a cidade e contemplar as súas maxestuosas montañas, sen esquecernos, claro está, de que se gozabamos dunha despexada noite, tiñamos a posibilidade de impresionarnos ante a maxia das Auroras Boreais, pois esta cidade, debido á súa cercanía co Circulo Polar Ártico, é unha das mellores para contemplar ese fabuloso fenómeno da natureza. Tras visitar a cidade, decidimos ir na procura dun espazo sen moita luz onde esperar a ver as Auroras. Estabamos un pouco perdidos cando de pronto os Trolls volveron a aparecer e guiáronnos cara un pequeno bosque.

-Moitas grazas por traernos a este fermoso sitio. (Díxenlles)

-Non hai de que, sabes que para iso estamos. O que si que necesitamos é o noso libro, pois temos a moitos outros asesores/as, pedagogos/as, educadores/as algo perdidos e precisan a nosa axuda. Nuria, ti agora xa tes moitos dos coñecementos que necesitas; xuntos aprendemos moitas cousas, pero sabes que agora está todo nas túas mans e serás unha moi boa profesional.

-Só podo dicirvos grazas pola vosa axuda neste camiño do Asesoramento.

-De nada. Pero antes de que me esqueza, nunca deixes de formarte, de estudar, de reflexionar, de defender aquilo para e polo que traballades, a Educación. Foi un pracer viaxar contigo a través do Asesoramento, nos aquí quedamos. Boa sorte!

Inda non asumira a marcha dos meus pequenos pero grandes amigos, cando de pronto un sen fin de Auroras Boreais comezaron a bailar ao longo de todo o ceo. E aquí estamos nós para demostralo!

PC096825.JPG

DSC09684.JPG

De novo no barco, comecei a pensar sobre o que os Trolls me dixera, polo que decidín poñerme a reflexionar sobre o vivido e por que non? A falar en xeral de moitos aspectos relacionados coa educación nun pequeno blog. Espero que lle votedes unha ollada.