2.1.- Coñecementos previos sobre o portafolio electrónico: Revisión

2.1.- Coñecementos previos sobre o portafolio electrónico

Última actualización de en Pablo

Botando a mirada ao meu pasado formativo non atopei ningunha referencia práctica nin teórica respecto a elaboración dun portafolio electrónico, se cadra, o máis parecido foi a elaboración dun diario de aula de diferentes sesións prácticas, nas que deixaba recollido o vivido e as miñas percepcións e valoracións en base ao experimentado en dita sesión.

Por tanto para min a elaboración dun portafolio electrónico é algo novo, polo que a miña interpretación sobre está ferramenta se basea no observado nos diferentes portafolios electrónicos que hai nesta Rede social. Tendo en conta todo isto, para min un portafolio é unha ferramenta que está ao servizo da avaliación formativa. Serve para recompilar o traballado ao longo dun determinado tempo (curso escolar, asignatura, sesións,...) facendo visible o proceso de aprendizaxe durante este tempo. Ademais, o feito de ser virtual e aberto para unha rede de estudiantes e profesionais (como é este caso) permite o enriquecemento de forma conxunta e descubrir e construir o coñecemento de forma persoal.