5.1.- Coñecementos previos sobre orientación: Revisión

5.1.- Coñecementos previos sobre orientación

Última actualización de en Pablo

Para partir dos meus coñecementos previos sobre os concepto de orientación, vou facer referencia a unha práctica recente na asignatura de orientación profesional, na que intentamos recoller que é orientación e que non o é:

  • Non é orientación: xulgar, impoñer, só diagnosticar, direccionar, só informar, unha actividade individual, un proceso asistemático, se só ten carácter reactivo.
  • É orientación: educar, axudar, informar, un proceso continuo, cando existe un carácter preventivo, unha intervención social, a que está dirixida ao desenvolvemento integral da persoa.