Raquel Souto López

Soy una persona que actualmente se está formando para llegar a ser una futura psicopedagoga y que con anterioridad estuvo en la titulación de Educación Infantil puesto que me gustaría dedicarme al ámbito de la educación.

Historial

6. Quinta etapa: O asesoramento nos centros escolares.: Revisión

6)    Quinta etapa:

Camino.jpg

Esta etapa tal e como se pode apreciar na imaxe, vaise levar a cabo polo centro da cidade, é dicir, polo casco urbano. Un lugar no que se está en contacto con moitos elementos que poden ser de gran axuda para coñecer máis o lugar. O mesmo ocorre coa parte do asesoramento que se vai traballar ó longo deste percorrido, o asesoramento interno (asesoramento ós centros escolares).

Para comezar con esta etapa realizarase unha panorámica do lugar co fin de posteriormente ir observando de forma máis detallada as cuestións que o engloban.

 

Deste xeito comezarase coa exposición dunha serie de indicadores que delimitan o asesoramento interno ós centros como son, segundo Pérez Ferrá.M e Quijano López.R, (2000):

1)    Que é unha tarefa que supón apoio ó profesorado nas actividades cotiás que desenvolven no centro educativo.

Neste caso o asesoramento ó profesorado, céntrase na unión da dimensión curricular e a organizativa do centro mediante a colaboración como estratexia básica para a aprendizaxe e o desenvolvemento profesional do docente. Ademais destacar que o apoio ó profesorado pode ser levado a cabo de diversas formas, pero sempre mediante procesos de colaboración dentro do centro, orientando así a atención das necesidades educativas dos alumnos, definíndose por tarefas, e necesidades formativas dos mesmos.

Finalmente destacar que as tarefas de apoio do asesor/a ós profesores/as se atopan relacionadas en torno a tres cuestións como son; ¿Qué roles lle corresponden ó asesor no asesoramento curricular, de modo que o profesor adquira unha práctica de calidade na súa xestión?, ¿Cáles deben ser as actitudes do profesor relativas ás decisións curriculares? e ¿Qué tipo de liderazgo debe asumir o asesor no deseño e desenvolvemento do currículo? (Pérez Ferra, 1995).

2)    Que orienta á actividade educativa cara a innovación, que supón cambio xustificado cientificamente, tendente a mellorar.

O asesoramento interno concíbese como unha actividade profesional que pretende situar ós profesores/as nas mellores condicións para tomar decisións sobre os problemas que xorden no centro.

3)    Que é unha actividade que require competencias específicas no asesor/a.

O asesor interno aprecia como características nestes profesionais a flexibilidade, a capacidade prospectiva na organización da súa actividade, a habilidade para a relación persoal, a facilidade para a comunicación, seguridade, confianza e capacidade para o liderazgo.

Ademais é importante destacar tres competencias no asesor/a na dinamización dos procesos e relacións que se establecen no centro educativo:

  • Asesoramento ós equipos docentes tanto nos procedementos de desenvolvemento do traballo en grupo como na propia construción e desenvolvemento do currículo.
  • Atención á selección dos elementos nucleares do currículo, así como as dimensións que se establecen entre eles (contidos, obxectivos, materiais curriculares e didácticos, medios e actividades … ).
  • O asesor debe axudar a identificar e definir os criterios de identidade que dan cohesión ós grupos.

 

4)    Que o asesor/a traballa cos profesores/as, nunha relación de lateralidade, establecida por un grao de corresponsabilidade definido polas posibilidades do profesorado para asumir responsabilidades e xestionar situacións concretas.

O grao de autonomía do asesor e o asesorado, depende das posibilidades de implicación no proceso e das súas competencias para levar a cabo iniciativas. Desta maneira o sentido da responsabilidade está determinado polo coñecemento sobre a realidade, a toma de decisións sobre a mesma e a avaliación dos resultados.

5)    Que é función do asesor/a fomentar e poñer en práctica o traballo en colaboración.

A verdadeira colexialidade é a que nace das vivencias compartidas entre o asesor e o asesorado. Así o carácter da colexialidade baséase na asimetría, que marca o sentido da relación entre o asesor e asesorados. Estes posúen o mesmo estatus, pero desempeñan roles distintos.

 

6)    Que o asesor/a facilitará a reflexión do profesorado.

A tarefa do asesor nos procesos internos é axudar ó profesorado a definir a súa actividade reflexiva como proceso intelectual, cuxos razoamentos debe compartir con outros profesores, coa intención e a decisión de alcanzar melloras na ensinanza.

Continuando co asesoramento interno, tamén se pode destacar segundo Marcelo García,C y López Yáñez,J (1997) as seguintes características relacionadas co apoio interno referente á resposta educativa á diversidade:

Desta maneira é importante dicir que poden existir diversas modalidades ou tipos á hora de organizar un apoio interno nun centro educativo. Para  Dyer (1989)existen tres direccións cara as cales pode dirixirse este apoio interno:

1)    Para un alumno/a individual ou en pequeno grupo de alumnos directamente.

2)    Para profesores/as colegas que teñen alumnos/as con dificultades de aprendizaxe nas súas clases.

3)    Para facilitar o desenvolvemento do currículo por influencia directa na elección, presentación ou administración do mesmo.

 

Dentro destas categorías poden definirse aplicacións máis específicas, que segundo Dyer (1989) se poderían clasificar da seguinte maneira:

1)    Apoio directo ó alumno/a (ou apoio un a un):

a)    Apoio dentro de clase durante o desenvolvemento do tema: o profesor de apoio está dispoñible na clase, mentres o alumno/a traballa cos demais. A súa función é a de atender os problemas que poidan xurdirlle durante o desenvolvemento do tema que se está traballando na aula.

b)    Apoio preparatorio, antes de comezar un tema:  o profesor busca adiantarse ó problema preparando ó alumno/a antes de comezar o tema. Isto supón que o profesor/a de apoio terá previamente unha reunión co titor ou co profesor da materia para planificar.

c)    Apoio correctivo, que se presta fora da aula: neste caso ós alumnos/as sepáraselles do grupo clase para recibir o apoio.

 

2)     Apoio ó profesor/a:

a)    Apoio xeral na aula: é un método que pode supoñer a diminución da ratio alumno/a - profeso/a das clases cun alto número de alumnos/as con dificultades, pudendo así  darlles resposta sen separalos do grupo. Nesta situación de traballo en equipo non se distinguen roles entre os profesores/as que traballan xuntos, compartindo así responsabilidades e apoiándose mutuamente intercambiando funcións.

b)    Apoio de consulta: correspóndese coa resolución de problemas pero non mediante unha intervención directa se non discutindo e orientando ós colegas, planificando cos mestres para adiantarse ós problemas que poidan presentar para os alumnos dificultades na aprendizaxe, ou para actuar cando xa xurdiu un problema en cuestión.

c)    Apoio analítico: fai referencia ó análise dos elementos que rodean o problema. Para iso o profesor titor busca a experiencia dun profesor de apoio ou especialista para detectar o que pode estar fallando.

d)    Apoio observacional: o profesor de apoio introdúcese na aula para observar aspectos específicos das estratexias de aprendizaxe do alumnado, a organización da clase, a presentación do tema … Neste caso o papel do profesor/a de apoio podería ser o de apoio sustitutorio.

e)    Apoio sustitutorio: nesta situación o profesor/a titor faise cargo de toda a clase, realizando as funcións que soe facer o titor mentres este se ocupa de apoiar a un alumno/a, ou analizar situacións educativas …

3)    Apoio ó desenvolvemento do currículo: nesta situación os profesores/as de apoio poden responder á solicitude de axuda por parte dos profesores titores, aínda que a demanda non estea directamente relacionada coa atención a un alumno/a específico.