Raquel Souto López

Soy una persona que actualmente se está formando para llegar a ser una futura psicopedagoga y que con anterioridad estuvo en la titulación de Educación Infantil puesto que me gustaría dedicarme al ámbito de la educación.

Historial

Quinta parada da oitava etapa: A praia.: Revisión

Quinta parada da oitava etapa: A praia.

Última actualización de en Raquel Souto López

 

playa.jpg

 

Soamente quedan as dúas últimas visitas da nosa viaxe, uns lugares de interese turístico na costa como son as praias e as cascadas.

En canto á primeira delas, destacar a gran variedade de praias que podemos atoparnos en Galicia, cada unha coa súa beleza e singularidade dando así unha salientable fermosura á nosa paisaxe.

Neste caso este lugar, será o encargado de adentrarnos nun novo tema relacionado co malestar docente como é o acoso escolar, un problema de actualidade nos centros escolares.

Enténdese por acoso escolar a un alumno/a, a exposición de forma repetida e durante un tempo, a accións negativas que se manifestan mediante diferentes formas de acoso ou hostigamento cometidas no seu ámbito escolar, levada a cabo por outro alumno/a ou varios deles, quedando nunha situación de inferioridade respecto ó agresor ou agresores.

A continuación, destacaranse como características do acoso escolar as seguintes:

  • Desequilibrio de poder: prodúcese unha desigualdade de poder físico, psicolóxico e social que xera un desequilibrio de forzas nas relación interpersoais.
  • Intencionalidade/repetición: a intencionalidade exprésase nunha acción agresiva que se repite no tempo e que xera na vítima a expectativa de ser branco de futuros ataques.
  • Indefensión/personalización: o obxectivo do maltrato soe ser un só alumno/a, que é colocado desta maneira nunha situación de indefensión. O acoso soe ter un compoñente colectivo ou grupal xa que non existe un só agresor/a se non varios e porque a situación soe ser coñecida por outros compañeiros/as, observadores pasivos que non contribúen suficientemente para que cese a agresión.

 

O acoso pode ser clasificado segundo o tipo ó que pertenzan, é dicir, a diversos tipos de acoso entre iguais:

  • Exclusión e marxinación social.
  • Agresión verbal.
  • Agresión física indirecta.
  • Agresión física directa.
  • Intimidación/ameaza/chantaxe.
  • Abuso sexual.

 

bullying.jpg

 

Finalmente sinalar como consecuencias do acoso entre iguais:

  • Para a vítima: pode traducirse en fracaso escolar, trauma psicolóxico, risco físico, insatisfacción, ansiedade, infelicidade, problemas de personalidade e risco para o seu desenvolvemento equilibrado.
  • Para o agresor/a: pode ser o previo a unha conduta delictiva, unha interpretación da obtención de poder baseada na agresión.
  • Para os compañeiros/as observadores: pode conducir a unha actitude pasiva e compracente ante a inxustiza.

 

Finalmente e en relación ó acoso escolar, gustaríame destacar unha noticia atopada no xornal datada do día 22/05/2013. Nesta faise fincapé en que Galicia converteuse na primeira comunidade autónoma que recolle nun mesmo protocolo cómo previr, detectar e abordar os casos de acoso escolar e ciberacoso. Este protocolo basease nos principios de intervención temperá e de permitir ós centros escolares a adopción da medidas que se consideren oportunas en referencia á súa propia realidade. Así, pódese dicir que o protocolo non soamente se centra nunha reacción ante o acoso se non que tamén ten fins preventivos tratando de erradicar o acoso escolar.

Outra cuestión de elevada importancia é a garantía que se ofrece de que no transcorran más de doce días dende que se detecta a
posibilidade de acoso escolar, ata que se confirma, instrúe e se resolve o expediente corrector, é dicir, Galicia fixa un máximo de 12 días para resolver calquera caso de acoso escolar. 

Por todo isto, e tal e como se menciona no artigo, o protocolo permitirá que o alumnado posúa unha maior protección fronte a estas situacións. Todo iso levarase a cabo a partir de catro fases como son:

  • O coñecemento, a identificación e a comunicación da situación.
  • A recollida e o rexistro de información.
  • A análise da información e a adopción de medidas.
  • O seguimento, a avaliación e o rexistro das medias adoptadas.

Finalmente destacar a importancia da confidencialidade e discreción á hora de tratar temas como este.

 

Acoso escolar.