4. Porqué a metafora da primavera?: Revisión

4. Porqué a metafora da primavera?

Última actualización de en Beatriz Lopez Muniz

Nesta páxina gustaríame reflexionar e explicar o porqué da miña metafora para explicar o meu paso pola materia de Formación e Desenvolvemento do profesorado. Porqué elexín a primavera?

Ben para min a primavera é como proceso que se vai desenvolvemendo pouco a pouco a medida que avanzan os meses, neste sentido o meu paso por esta asignatura foi máis ou menos similar. Partindo duns simples pétalos, que se asociarian cos coñecementos iniciais cos que me afrontaba a principios do cuatrimestre con esta materia, pouco a pouco co paso do tempo fun adquirindo máis e máis pétalos de diferentes temas, todos eles relacionados coa formación do profesorado.

A formación do profesorado abarca moitos áspectos que se extenden dende a vocación, feminización docente, a identidade, a súa formción inicial e permanente e o traballo en equipo; principal motivo polo que a miña primavera relacionada coa Materia Formación e Desenvolvemento do Profesorado teña tantos cores, xa que cada un deles responde a unha temática máis concreta. Non obstante, a estación das flores está repleta de moitas cores, e eu tan só me atopo no comezo desa primavera. Quedame moito camiño por andar, moitas cores por coñecer e moitas espinas que superar, pero iso so será posible por medio dunha formación continua. Cursar esta materia tan só foi un comezo, unha oportunidade que despertou en min o interese de cara a unha temática relacionada co profesorado e todo aquilo que atinxe a súa formación.

Espinas no meu proceso de aprendizaxe.

   

Non hai camiño sen tropezos, sen pedras que dificultan que avancemos nel. Neste caso identifico eses obstaculos cas espinas presentes en toda flor. A primavera está chea de cores, de motivacións, de esperanzas pero tamén de moitas espinas que se esconden tras eses petálos bonitos. Neste senso, esas espinas correspondense coa miña inseguridade ou co descoñecemento de cara a análise e reflexión de temas descoñecidos ata o momento. A hora de pensar sobre que facer os meus tablóns atopabame con moita inseguridade, non sabia moi ben por donde comenzar ou que contidos tratar posto que a miña ignorancia no tema impediame selecionar que aspectos eran aqueles máis relevantes.A medida que avanzaban as clases a miña inseguridade e ignorancia ian desaparecendo pouco a pouco cheagando formar deste xeito o meu portafolios. Un traballo moi duro pero tremendamente gratificante.

Os meus compañeiros nesta viaxe de aprendizaxe.

 

Pero falta algo moi importante nesta primavera. Donde se viu unha primavera sen insectos? Sen abellas que rondan as flores? Con quen identifico eu as abellas? Ben, para min son os meus compañeiros de grupo. Unha abella necesita dunha flor para poder alimentarse, de igual maneira que unha planta necesita a presenza dunha abella para poder reproducirse. Ambas realizan un traballo en equipo, cooperando unha coa outra. Algo similar aconceceu no transcurso desta materia. Unha boa parte do traballo desenvolveuse en grupo polo que uns necesitabamos dos outros para poder avanzar.

 Era necesaia a presenza, aportacións persoais e análise conxunta por parte de todos os membros do grupo para poder realizar unha aprendizaxe firme, sólida e argumentada. 


Unha vez explicados estes matices, dirixámonos cara a primavera...