Historial

5- O PERCORRIDO: Revisión

5- O PERCORRIDO

Última actualización de en Lorena Bibián Caramés

Para dar forma a todo este percorrido haille que dar un sentido ao noso traballo:

  • Comprender o carácter problemático da profesión
  • Identificar peculiaridades e analizar as características e a vocación do profesorado
  • Identificar o papel da formación  e do docente en números e estadísticas

Aínda que toda a materia se pode dividir en máis puntos, considero que estes tres enunciados engloban de maneira xeral algunhas das miñas entradas no blog e dan resposta á maioria de aspectos dados na aula.

image

Comprender o carácter problemático da profesión:

Neste apartado tratamos situacións actuais que reflexaban a crisis, recortes e cambios na lexislación ou mesmo temas que incumbían ao desenvolvemento das clases.

Este é o caso Do conflito de Baleares e o problema do trilingüismo. Isto traía consigo o método de impartir as clases do profesorado, que tipo de metodoloxía levaba a cabo e que aspectos pedagóxicos tiña en conta. A súa vez tíñase en conta o coñecemento que cada profesor tiña da súa materia.

Aquí tamén podemos incluír o tratado nunha das clases da matería sobre a problemática do inglés na aula, o non saber impartilo ou o non ter unha metodoloxía adecuada para a formación e aprendizaxe do alumnado. Unha das preguntas clave rea a de: ¿Cal é a causa da mala preparación nesta lingua estranxeira dos xóvenes españois?

Estes temas deron a posibilidade dun gran debate que foi sacando temas que posteriormente se foron tratando noutros momentos da materia. É o caso da vocación.

 

Identificar peculiaridades e analizar as características e a vocación do profesorado:

Neste apartado hai numerosos subcontidos que fomos tratando.

A vocación foi un dos temas clave e máis recurrido da materia. Os docentes necesitan  de vocación para realizar con plenitude o seu traballo? ou, simplemente están nunha profesión na que coñecer uns contidos e transmitilos serven para ser profesional da educación? Son numerosos os diálogos e discusións na aula os que se deron debido a isto, e aínda agora vendo rematada a materia daría lugar a máis discusións a pesar de ter máis claro a importancia desta e do que significa en realidade ser profesor. Neste ámbito houbo practicas como: vocación vs identidade e “La elección de ser docente”.

Outra das variantes tratadas foi a da importancia de ser mestre e a súa implicación social. Ser mestre non só é impartir uns contidos, trae algo máis consigo, formar en valores e actitudes, axudar ao alumno e retroalimentarse e ir aprendendo día a día.

Ao mesmo tempo tamén se tratou a importancia das metodoloxías na aula e a importancia da experiencia e do apoio dos profesionais que temos ao noso redor. Exemplos de practicas poden ser: “La docencia, una experiencia compartida” ou “Aprender a ser maestra”

 

Identificar o papel da formación  e do docente en números e estatísticas:

Mediante indicadores e análises de documentos oficiais do estado coñecemos datos que nos indican a situación da educación e do profesorado na actualidade.

Tamén tivemos oportunidade de comparar datos e comparar situacións presentes e xa pasadas. Exemplos poden ser: Os indicadores da OCDE

En canto aos traballos no grupo e as discusións de Pedagogas Online enriqueceron os nosos puntos de vista e expresamos os nosos ideais e interrogantes para esta formación do profesorado que se nos presenta.

Moitas outras entradas complementan todo o descrito anteriormente, son numerosos os novos coñecementos que nos levamos na mochila e que esperamos utilizar ou mellorar e correxir nun futuro próximo.

image