Historial

6- A META: Revisión

6- A META

Última actualización de en Lorena Bibián Caramés

image

Despois dun amplo percorrido e de ter esquivado pedras e obstáculos chegamos a unha meta, ou iso creo, os meus coñecementos sobre a formación considero que se viron aumentados e afianzados para poder dialogar sobre eles.

Despois de haber aventureado para chegar ao final dunha etapa, quedan no camiño numerosos recordos que sempre permanecerán na mente e que servirán e apoiarán todos os coñecementos posuídos. Pero non só se sacan contidos, senón tamén experiencias e prácticas que forman parte do enriquecemento persoal.

Esta materia fixo fronte a numerosos aspectos que considero moi interesantes como puideron ser a vocación, as problemáticas actuais e a definición do docente e a súa importancia como profesional encargado de formar a outras persoas que posteriormente serán elas os profesionais nun determinado ámbito.

Considero que o meu percorrido sufriu de obstáculos que finalmente souben esquivar e que logrei un bo traballo, non perfecto pero si interesante. Nunca se pode chegar a unha perfección xa que vivimos nun mundo cambiante no que temos que seguir aprendendo día a día e no que o profesorado tamén debe facelo.

Saco desta aprendizaxe un autor e catedrático que me gustou moito como é Novoa, a partir do cal traballamos moitos aspectos e nos axudou a entender e analizar gran parte desta profesión.

Dicir, que un nunca se debe considerar unha meta como un final pechado, senón como un fin que nos leva a unir o remate dun camiño co inicio de outro. Todo coñecemento debe axudar ao noso posterior traballo.

Churchill, Winston : "Tú creas tu propio universo durante el camino."

“Nadie puede volverse por el camino que ha recorrido. “(Henrik Ibsen)

image A meta