C. Desenvolvemento: Metáfora do meu proceso de aprendizaxe: Revisión

C. Desenvolvemento: Metáfora do meu proceso de aprendizaxe

Última actualización de en silvia

Nesta páxina vou explicar a metáfora que utilicei para estruturar o meu proceso de aprendizaxe, identificándose a mesma cunha viaxe en avión. Isto é, o avión antes de iniciar o despegue recorre unha pista no que vai collendo impulso para poder elevarse no aire e comezar así a viaxe ata o seu destino. Pois dun xeito similar, se desenvolveu o meu proceso de aprendizaxe, comezando cun desconcerto polo que sería a materia de formación e desenvolvemento profesional do profesorado, materia da que nun inicio se poderían deducir os temas que íamos abordar pero que no inicio non sabíamos aínda con exactitude. Este desconcerto correspóndese coa pista que recorre o avión antes do seu despegue, a primeira toma de contacto co que sería a materia. Ben, unha vez establecida esta primeira conexión, comeza o despegue, unha viaxe que supón adentrarse no coñecemento dos distintos aspectos que configuran a profesión docente, pero como en toda viaxe en avión, polo camiño podemos encontrar con turbulencias que dificultan este proceso de aprendizaxe. Relacionando isto ca miña aprendizaxe, as turbulencias serían eses primeiros días nos que dubidaba entre a información que quería trasladar ao blog, e que dalgún xeito, evidenciara o fío condutor que quería reflexar.  Finalmente, todo viaxe chega ao seu destino, un destino que se corresponde coa mochila de coñecementos que fun construíndo sobre a materia de formación e desenvolvemento profesional do profesorado.

Unha vez explicada a metáfora que evidencia como se desenvolveu o meu proceso de aprendizaxe, gustaríame explicar as distintas paradas que vou facer ata chegar finalmente ao meu destino desexado, que sería o coñecemento da materia de Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado. Así, ao longo do meu percorrido, diferéncianse tres paradas: 

A primeira parada obrigatoria, denominada, a profesión docente, vai recoller o conxunto de blogs e archivos utilizados para explicar todos os factores que configuran o profesión docente como tal, aludindo á formación inicial e permanente, aos factores que desestabilizan ao profesorado (status social, motivación, vocación, capacidade para responder aos cambios sendo pois catalizador na sociedade de aprendizaxe, a construción da identidade docente, así como demais aspectos que nos axudan a comprender a complexa e controversia desta profesión a que nos dedicaremos como futuros profesionais da educación.

A segunda parada corresponde ao meu banco de recursos persoal, é dicir, a todos aqueles archivos e blogs que incluín no blog coa finalidade de indagar e reflexionar sobre cuestións que estaban ligadas ao papel do profesorado, e que para o meu punto de vista, era preciso compartir esa inquietude miña con todos os meus compañeiros.

Por último, a terceira parada correspóndese co traballo grupal, facendo referencia aos temas que tratamos ao longo da materia, así como incorporando tamén neste apartado aquelas temáticas de interese persoal que considerabamos relevante incorporar neste blog grupal.

 

A aventura xa comezou, ¿atréveste a realizar un percorrido polas distintas paradas do saber e do coñecemento? 

Paradas do coñemento

 

 

As paradas do saber son os diferentes recadros coloreados do taboleiro, ata finalmente alcanzar a meta proposta, que no meu proceso de aprendizaxe se corresponde co coñecmento exhaustivo da materia.