Kely Torres Velo

Sensible, implicada co que acontece ao meu arredor e soñadora.

Historial

2- A Nave: coñecementos previos: Revisión

A nave na que imos a embarcarnos está construída por diversos coñecementos e experiencias que cada un de nós foi gardando nas súas memorias ata chegar o día da saída da nosa nave cara a Ítaca.

Como expliquei na introdución, a Ítaca representa o saber. Quizáis o lector/a se pregunte por qué non representei a materia de Formación e Desarrollo Profesional do Profesorado como a Ítaca? Pois a razón, e que non vexo esta materia (nin ningunha outra) como un coñecemento estanco. 

Para facer fronte á realidade da educación, temos que botar man doutros moitos coñecementos que son necesarios para saber en profundidade o que nos concerne e non quedar flotando na plenitude do mar calmo. É preciso bucear, ir máis aló e interrelacionar saberes e coñecementos. Pero nisto último centrarémonos nun dos próximos apartados.

Agora mesmo, imos abordar aquelas entradas que elaborei individualmente e grupalmente (grupo Acción Pedagóxica) na plataforma do Stellae co gallo das primeiras clases. Estas sesións, fixeron que reflexionáramos de maneira conxunta e individual (tanto na aula como no blog) acerca do que sabíamos e que tiña relación co que íamos a tratar na materia: Qué imaxe temos ou tíñamos dos nosos profesores e profesoras? Qué relación teñen as materias da nosa carreira con esta materia en particular?

 

  • Entrada individual adicada a miña experiencia nunha escola rural
  • Entrada grupal adicada ás nosas historias previas en cada nivel do sistema educativo 
 
 
  • Entrada grupal adicada ás materias de Pedagoxía que están relacionadas coa materia de Formación e Desarrollo Profesional do Profesorado
 
 
 
 
Astillero