Historial

D. Conclusións: Revisión

D. Conclusións

Última actualización de en silvia

Finalmente, despois de tres meses, a aventura na materia de Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado chega ao seu fin, pero isto non significa que o meu proceso de aprendizaxe en relación a formación do profesorado termine aquí, senón que isto só é o comezo dun longo camiño por percorrer. Ademais, como veño resaltando ao longo das páxinas, nós como futuros profesionais da educación non debemos quedarnos só coa formación inicial, senón que temos que continuar formándonos para adaptarnos aos cambios e atender as necesidades e intereses dos nosos educandos. 

Por outro lado, gustaríame facer a autoavaliación do meu propio proceso de aprendizaxe. Considero que a través da rede e mediante a elaboración dos distintos blogs puiden ir reflexando o aprendizaxe adquirido na materia en relación aos distintos aspectos que configuran a profesión docente. Así pois, esta metodoloxía de traballo permitiume indagar e afondar nos coñecementos que tiñan un maior interese para a miña formación como futura pedagoga, traballando sobre os contidos abordados na aula, pero incluíndo tamén aqueles outros que eu consideraba relevantes abordar nesta materia, pero que debido á falta de tempo tampouco tivemos a oportunidade de tratar. 

Así, a través do traballo tanto individual como grupal fun adquirindo unha serie de coñecementos en relación á profesión docente, ata conseguir encher de coñecementos a miña mochila da materia, levando ás miñas costas un bagaxe de coñecementos que aplicarei na miña práctica profesional. 

Así, no seguinte enlace, recollo unha breve recapitulación da materia, destacando especialmente o seguinte: Volvendo ao comezo...Unha nova experiencia que chega ao seu fin

"O que máis me gustou desta modalidade de aprendizaxe foi aprender sobre os contidos que a min me parecían máis relevantes, xa que ao mesmo tempo, ao indagar sobre temas que me interesaban podía establecer asociacións entre dito coñecemento e o abordado noutras materias como organización de contextos educativos, dificultades de aprendizaxe ou deseño e implementación de plan e programas, entre outros coñecmentos. Asemade, todos os temas foron tratados nas distintas entradas como un contido transversal que tiñan cabida en calquera temática tratada. 

Así, deste método de aprendizaxe valoro que non avalíe unicamente un resultado final, como se fai sempre nun exame, senón que tamén ten en conta o proceso seguido para alcanzar dito resultado, pois é durante ese proceso no cal adquirimos a maior parte do noso coñecemento sobre a materia, e neste aspecto ten un papel primordial a aprendizaxe conxunta con todos os compañeiros da aula, pois todos nos podemos beneficiar e enriquecer coa información publicada polos demais compañeiros.

Para rematar facer referencia á periocidade do traballo, posto que a pesar de que a comezo da materia tardei en publicar, unha vez tiven decidido o fío condutor do meu proceso de aprendizaxe todo me resultou máis sinxelo e intentaba publicar primeiro semanalmente e despois de forma máis continuada".

A pesar de que hoxe remata a miña actividade nesta materia, o certo é que este primeiro contacto coa Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado non fixo máis que comezar, pois isto é so o comezo dun longo camiño por percorrer, e como xa resaltei no meu e-portafolios, o profesional que decida dedicarse á ensinanza nunca deben deixar de aprender, e nós como futuros profesionais da educación con maior motivo debemos continuar formándonos ao longo do noso exercicio profesional. 

Remato cunha imaxe moi ilustrativa do meu proceso de aprendizaxe, ao longo desta materia andiven metade do camiño cara a adquisición de coñecementos, máis aínda queda un longo percorrido por diante... Esta experiencia non fixo máis que comezar...

  Metade e final dun camiño por percorrer