Historial

B. Introdución: Revisión

B. Introdución

Última actualización de en silvia

E unha vez máis, chegou o momento de poñer fin a unha aventura que comezaba hai apenas tres meses, unha experiencia de aprendizaxe realmente enriquecedora para a nosa futura labor como pedagogos/as. E desta volta, esta gran oportunidade formativa que fomentaba o traballo autónomo e colaborativo a través da Rede Social Stellae, correspondía á materia de Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado

A pesar de que este ano xa me resultaba familiar a ferramenta coa cal ía traballar, ao inicio da materia pasei por unha etapa de desconcerto acerca da información que ía incorporar ao blog  ou do fío condutor que ía utilizar no meu e-portafolios. Foi precisamente este desconcerto, o que provocou que nun primeiro momento tivese pouca actividade no blog. Sen embargo, este período de escasa inactividade foi desaparecendo e a través do desenvolvemento das distintas sesións fun descubrindo diferentes temáticas sobre as que elaborar as miñas entradas, incorporando aqueles contidos sobre os que falabamos na aula, pero incluíndo outras temáticas que me parecían interesantes e sobre as cales eu quería afondar e ampliar os meus coñecementos.

Asemade, a pesar de que a metodoloxía utilizada para esta materia era a mesma que a empregada o ano pasado para a materia de Tecnoloxía Educativa, este curso académico propúxosenos un novo reto,  unha nova actividade que consistía  na realización dun blog grupal. ¿Pero en que consistiría dita actividade? Aínda que con algunhas dúbidas, a proposta deste traballo pareceunos moi interesante e enseguida nos puxemos a traballar, buscando en  primeiro lugar un nome para o grupo que fora significativo para nos. Pois ben, o nome que decidimos poñer foi #postureostellae, debido a que o ano pasado coincidindo xa co peche da materia de tecnoloxía educativa houbo un momento de gran actividade na rede social, e comezamos a poñer tweets que reflexaban o agobio que e a saturación que se estaba a producir nese momento na rede. Por iso este ano, cando se nos propuxo a realización dun blog grupal e nos indicaban que tiñamos que poñerlle un nome pensamos en #postureostellae. En dito grupo, traballei xunto coas miñas compañeiras Bárbara, Nuria e Silvia, que vimos na elaboración do e-portafolios grupal a oportunidade de reflexionar e ver os diferentes puntos de vista que cada unha de nós tiña en relación a un temática específica, de aí a gran riqueza formativa que supuxo para nós este traballo en equipo, o traballo colaborativo tan necesario entre o profesorado.

Finalmente, indicar que a través do blog tanto individual como grupal, fun elaborando distintas entradas no blog que reflexaban non só os contidos tratados na aula, senón tamén aquelas temáticas en relación ao profesorado que a min me parecían relevantes e sobre as cales quería seguir indagando e afondando. 

Así, pouco a pouco fun deixando entrever o fío condutor que guiaba o meu proceso de aprendizaxe, o cal sería a profesión docente e todos os aspectos estreitamente ligados con esta temática, facendo alusión a imaxe social do profesorado, as causas que provocan a súa desestabilización, os cambios que sería preciso levar a cabo tanto na súa formación inicial como na permanente, as características que deben ter os docentes na sociedade de coñecemento actual, así como algunhas características intrínsecas da persoa, entre as que destacarían a súa motivación e vocación.

E xa para rematar este apartado, facer referencia ao modo en que vou estruturar as vindeiras páxinas, nas cales vou comezar por incluír unha metáfora sobre o meu proceso de aprendizaxe, relacionando a mesma cunha viaxe en avión. E porque esta metáfora? Pois ao igual que o despegue dun avión, antes de iniciar dita manobra, o avión debe percorrer unha pista que lle permita coller impulso para manterse con firmeza no aire. Así, comezaba na materia cunha sensación de desconcerto ante as temáticas que quería incluír no blog, pero ao igual que o despegue do avión,  conseguín adentrarme no coñecemento da materia ata chegar ao meu destino final, isto é, a un coñecemento profundo da materia de Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado. 

Preparádevos para a viaxe, o avión está a piques de despegar...

Comeza a viaxe