2.- Asesoramento: Revisión

Esta aventura na materia de Asesoramento curricular a centros e profesores comezou por unha conceptualización previa daqueles conceptos que tiña interiorizados doutras materias (Modelos de Orientación e Intervención Psicopedagóxica; e Deseño, Desenvolvemento e Innovación do currículo). Esta conceptualización previa recóllese no arquivo “Conceptos previos traballados en materias de 4º curso de psicopedagoxía que teñan relación coa materia Asesoramento curricular a centros e profesores”.

http://stellae.usc.es/red/file/view/39889

De seguida surmerxinme neste “océnano” que constitúe o asesoramento, coñecendo as diferentes facetas que este concepto posúe. Como ven afirma a profesora e doutora Lourdes Montero, o asesoramento é un como un paraugas, como un abanico, é dicir está presente en numerosos ámbitos, non só no ámbito educativo, tal e como puiden comprobar na primeira práctica “¿Qué entendemos por asesorar?” realizada no grupo de traballo “CBS” xunto con Santiago Piñeiro e Beatríz Vieites.

http://stellae.usc.es/red/file/view/40644/que-entendemos-por-asesorar