5. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE: DIVERSIDADE DE ROMPECABEZAS: Revisión

     

5. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE: DIVERSIDADE DE ROMPECABEZAS

 

Cada vez que plantexamos unha actividade ou calquera traballo, sexa da tipoloxía que sexa debemos atender á diversidade.

A diversidade é unha característica intrínseca dos grupos, xa que cada persoa ten un modo especial de pensar, de sentir e de actuar.  Dita variabilidade, ligada a diferenzas nas capacidades, necesidades, intereses, ritmo de maduración...abarca un amplo espectro de situacións.

Polo tanto, atención á diversidade é o conxunto de accións que nun sentido amplo intentan previr e dar resposta ás necesidades, temporais ou permanentes, de todos e, entre eles, dos que requiran unha actuación específica derivada de factores persoais ou sociais relacionados con situacións de desvantaxa sociocultural, de altas capacidades, de compensación lingüística, comunicación e linguaxe ou de discapacidade física, psíquica, etc.

Todos debemos contar coas mesmas oportunidades á hora de construír un rompecabezas; que nos custe máis ou menos conseguilo, non debe ser ningún impedimento para intentalo.

diversidad de piezas.png

 

Existen  tres tipos de medidas de Atención á diversidade:

  • Preventivas
  • Ordinarias
  • Extraordinarias (ACI, PDC, PCPI)

Ás veces para facilitar o acceso á tarefa plantexada resulta útil e preciso realizar algunha modificación. Neste e-portfolio centrareime na tipoloxía de medidas extraordinarias de Atención á Diversidade.

untitled.png

 

 Unha Adaptación Curricular é calquera axuste ou modificación que se realice no currículo co fin de dar resposta á diversidade e, pode ser unha adaptación curricular de acceso ó curriculo ou unha adaptación curricular individualizada.

 

Outra medida extraordinaria son os Programas de Diversificación Curricular (PDC) que teñen por finalidade que os alumnos e alumnas, mediante unha metodoloxía e uns contidos adaptados ás súas necesidades e características, acaden os obxectivos xerais.

 

 

Por último, os Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI) permiten adquirir unha cualificación profesional á vez que o Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria. Brindan a oportunidade de continuar estudando e incorporarse ao mundo laboral en mellores condicións. Estes programas incluirán:

  • Módulos específicos profesionais, dirixidos fundamentalmente a que o alumnado adquira e desenvolva as competencias profesionais incluídas no perfil profesional do programa.
  • Módulos formativos de carácter xeral, orientados ó desenvolvemento das competencias básicas que posibiliten cursar con éxito un ciclo formativo de grado medio.
  • Módulos voluntarios que teñen por obxecto complementar a formación necesaria para a obtención do título de Graduado en ESO. Os requisitos para acceder a este programa son: ser maior de dezaseis anos e non ter o título de Graduado en Educación secundaria Obrigatoria.

Sobre isto reflexionamos en grupo mediante a técnica das tres P. É preciso que profesores e psicopedagogos , traballemos conxuntamente estes aspectos e nós, como futuros profesionais da orientación e do asesoramento debemos contar cuns coñecementos ao respecto que baixo o noso parecer posuímos pero dun xeito demasiado teórico, botando en falla a súa aplicación á práctica educativa.

 A técnica das tres P.pdf

 Unha ferramenta de gran utilidade para achegarse á realidade pode ser o estudo de casos. Trátase dun método de investigación cualitativa que se emprega amplamente para comprender en profundidade a realidade social e educativa. Sobre isto atopei na rede un artigo da Universidade Autónoma de Madrid  que considero que o explica de maneira clara e concisa.

 

 ESTUDIO DE CASOS

Creo que se trata dun bo método que como estudantes todos deberíamos aproveitar; non nos podemos conformar con traballar sempre co mesmo tipo de rompecabezas polo feito de que estamos acostumados a iso e nos resulta máis doado senón molestarnos por estudar e coñecer a gran variedade delas e pensar que posibilidades de acción temos con cada un deles.