6. Currículo e atención á diversidade: Revisión

A parte da colaboración tratada na páxina anterior, no bloque 2, tamén tratamos o currículo, o cal encóntrase en Diario clase 11/11/13, no que traballo dita temática a parte de recoller os contidos traballados nesa sesión.

Relacionado co currículo encóntrase o tema da atención á diversidade, o cal tratamos no bloque 3 “Procesos e ferramentas para o desenvolvemento curricular na atención á diversidade”. Este bloque é a nosa última parada nesta materia de quinto de psicopedagoxía.

Referenciar que o tema do currículo xa o abarcara ao principio da materia onde recollo a definición e  os tipos que hai, nos CONCEPTOS PREVIOS A ESTA MATERIA. Polo que é aconsellable recurrir de novo a ela e continuar  coa ampliación de conceptos recollida no Diario clase 11/11/13.

Finalmente, abarcamos o tema da atención á diversidade a través da consulta do Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que  se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas  na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio de Educación.  Este recolle as medidas de atención á diversidade para a nosa comunidade.

Seguindo coa mesma dinámica que ata agora, traballei o tema da atención á diversidade de forma individualizada.  Deste modo, fixen unha aproximación ao Proceso de identificación e valoración das necesidades educativas especiais dos alumnos e a súa relación co currículo.

Tendo en conta de que existen medidas de atención á diversidade preventivas, ordinarias e extraordinarias, considerei oportuno tratar estas últimas. De aquí a xustificación da presencia dos arquivos Adaptacións curriculares e Proceso de elaboración de adaptacións curriculares individualizadas, no meu cartafol.

Finalmente, a parte das medidas de atención á diversidade, como futura psicopedagoga, teño que coñecer os documentos que terei que elaborar e que consituirán o marco teórico da miña futura práctica asesora. Polo que decidín indagar sobre o Plan de Apoio ao Proceso de Ensinanza - Aprendizaxe (PAEPA), xa que é o único Plan que anteriormente non sabía de que se trataba.