Alba Fernández Paz

Son mestra de Educación Primaria e actualmente estou cursando 5º de Psicopedagoxía.

6. Diferentes técnicas de cultivo: contemplar outras experiencias: Revisión

6. Diferentes técnicas de cultivo: contemplar outras experiencias

Imaxe 12Imaxe 11

A pesares de que teñamos unha forma de cultivar propia, debemos ter presente que existen diferentes técnicas e formas de cultivo: a intemperie ou dentro dun invernadorio, diversas formas de riego, etc. das que podemos aprender e incluso mellorar a nosa propia técnica a partir da observación doutros sistemas. Isto mesmo, ocorre no ámbito do asesoramento, a pesar de que como asesores empreguemos un determinado modelo é fundamental ter unha mente aberta que permita considerar outras técnicas, ter en conta estratexias que empregan outros asesores, etc. é dicir coñecer outras formas de “facer”.

Neste sentido tivemos a oportunidade na clase de traballar cos dous estudos de casos, que se recollían no artigo de Gerardo Echeita e Víctor Rodríguez, titulado El asesoramiento desde dentro. Lo que sobra y lo que importa. Ó longo do mesmo, os propios autores relatan as súas experiencias vividas nun centro de Educación Secundaria como orientadores. Ademais recóllense reflexións pertinentes sobre estas experiencias unha vez transcorrido o tempo, podendo así mostrar unha opinión máis crítica e obxectiva sobre o vivido. A pesares de atoparse en circunstancias semellantes, as vivencias dun e outro varían notablemente.

Estes estudos de caso preséntanse como unha ferramenta estupenda nunha dobre vertente. Por unha banda, serven para que outros profesionais poidan aprender sobre os “acertos” e erros” cometidos por outros. Ademais, para o autor do estudio de caso é unha forma de reflexionar sobre a súa propia práctica co fin, por suposto, de mellorala.

Nesta mesma liña, co interese de coñecer outras experiencias, considerei interesante indagar sobre o Modelo Educativo Finlandés, non co fin de extraer estratexias e adaptalas sen máis ó noso Sistema, pois trátanse de contextos completamente diferentes. Pero si considero valioso coñecer as estratexias e fundamentos nos que se basea un dos sistemas educativos máis exitoso do mundo.

Imaxe 10