3. Conclusión e autoavaliación: Revisión

3. Conclusión e autoavaliación

Última actualización de en Yolanda Ares Comba

Unha vez mostradas todas as cores do meu portfolio e as actividades que se engloban en cada unha delas, queda pintar o cadro final das conclusións e autoavaliación que pecha esta traballo.

O cadro estaría formado por un fondo negro que mostra o dificultoso proceso de adquisición de coñecementos nesta materia. Sobre este fondo negro aparecerían as pinceladas das distintas cores empregadas neste proceso de construción aportándolle cor a esta laboriosa tarefa

cuadro colores.jpg

Como se pode comprobar as distintas cores mestúranse entre elas ó igual que se relacionan os distintos contidos traballados nesta materia, xa que non son contidos independentes senón que uns complementan a outros.

A secuencia de cores tampouco é casual, senón que mostra a liña de contidos que seguín nesta exposición, e que van dos máis simples para pouco a pouco ir traballando e complementando uns os outros.  Comecei por analizar as experiencias e coñecementos previos. Posteriormente, diferencie entre os termos asesorar e orientar, para a continuación, adentrarme de cheo no mundo do asesoramento e nas diversas funcións dos asesores/as. Unha vez coñecido o mundo do asesoramento, centreime nos distintos modelos existentes, así como no punto clave para un bo asesoramento como é a colaboración. Nas últimas cores, aparecen os estudos de casos e o mundo da escola.

A tarefa de levar a cabo este traballo foi bastante dificultosa porque ademais de tratarse dunha nova forma de traballo, requiría un traballo constante. Durante este proceso moitas veces as forzas frouxeaban e a inspiración para pintar este cadro non chegaba. Con todo isto, mediante a lectura e reflexión de distintos textos, así como o traballo realizado en clase de forma individual e en grupo serviron para sacar adiante un traballo que cumpre coas miñas expectativas inicias e do que me sinto orgullosa.

Sen dúbida moitas son as cores que aínda quedan por poñerlle a este cadro, xa que a miña curiosidade polo mundo do asesoramento non remata con este portfolio.