7. Mochila do asesor ou asesora: Revisión

Este apartado do cartafol, mochila do asesor/a, ten como xustificación recoller todos aqueles elementos que fun tratando ao longo desta materia, e que supoñen unha aclaración de contidos, experiencias, noticias, documentos encontrados,... que constitúen a miña mochila como futura psicopedagoga.

En primeiro lugar, quero comezar coas competencias que eu como orientadora deberei ter para exercer a miña labor ao día de mañá, xa que son que se consideran as máis relevantes no noso futuro traballo nos departamentos de orientación dos centros educativos. Por este motivo, realicei dúas entradas, unha primeira que foi unha indagación que realicei pola miña conta xa que consideraba de gran relevancia coñecer as competencias que necesito, tal e como se recolle na entrada Competencias e habilidades do perfil profesional do orientador/a - asesor/a. Sen embargo, aos poucos días de publicar esta entrada Lourdes Montero publicou no grupo de asesoramento un artigo sobre Competencias  e formación dos orientadores escolares: estudo empírico en nove comunidades autónomas; por este motivo, tras a súa lectura realicei unha síntese xunto cunha reflexión sobre o mesmo, tal e como se recolle no arquivo Competencias e formación dos orientadores e orientadoras.

En segundo lugar, como ao longo das sesións de clase saiu o termo intervención psicopedagóxica en múltiples ocasións, considero oportuno deixar reflexar que se entende por este termo, xa que non hai unha definición común entre os autores, e incluso eu mesma non comprendía este termo xa que constituía un mar de dúbidas entorno a este concepto. Polo que decidín buscar información sobre este concepto e así deixo constancia no cartafol ¿Que é a Intervención Psicopedagóxica?.

Por outra banda, introducinme na lectura do libro libro  “Orientación educativa e Intervención Psicopedagóxica. Cambian los tiempos, cambian las responsabilidades profesionales” de Lidia E. Santana Vega (2007). Aquí foi onde encontrei un prólogo, de Miguel Ángel Santos Guerra, que captou totalmente a miña atención e deste modo decidín realizar un traballo sobre el incorporando unha reflexión a vez que escribín as dúas anécdotas que considerei relevantes para incorporar a este cartafol e deste modo compartilo na rede, tal e como se reflexa na entrada Anécdotas dun orientador.

Outra temática que considero importante a incoporar nesta mochila está relacionado coa situación do profesorado, xa que actualmente e dende fai uns cantos anos  A PROFESIÓN DE MESTRE AFRONTA UN DESPRESTIXIO.; e nos como futuras psicopedagogas temos que ser quen de identificar esta situación e axudar aos mestres  e mestras para “saír adiante” dándolles o noso apoio. Xa que isto repercute directamente sobre o noso traballo, xa que se por exemplo o profesorado está desmotivado este vai estar máis reticente á colaboración. Ademais, é importante facer ver a toda a comunidade educativa e tamén ao resto da sociedade que a profesión de mestre non resulta nada fácil e ten unha repercusión sobre todos nós, xa que todos e cada un de nós pasamos nalgún momento polas súas mans, e somos o que somos grazas a eles. Deste modo, eu como psicopedagoga podería darlle apoio, información e tratar de poñer todo o posible para que este desprestixio non siga aumentando e incluso chegalo a diminuir.

Durante o prácticum II desta carreira, coñecín que era un drdAdi e un drdEspe, e como creo que a maioría dos meus compañeiros non coñecen de que se trata decidín agregalos neste cartafol cunha entrada propia, xa que están relacionados coa atención á diversidade. ¿Qué é un drdadi e un drdespe?

Para rematar, un tema un tanto controvertido  e de tan actualidade coa nova Lei de educación LOMCE como é a educación mixta. Por este motivo, recollo un artigo de Carmen Heredero de Pedro, publicado na revista de CCOO. Este artigo pode consultarse na entrada En defensa de la educación mixta onde se pode ver claramente as excusas que propoñen os centros que segregan por sexos.

Finalmente, ao principio da miña andaina por este cartafol, incorporei unha entrada sobre a Colocación de xemelgos/mellizos no centro, xa que é un tema que xurdiu dunha dúbida e que constitúe un exemplo das dúbidas que o profesorado ten e o equipo directivo, e é aquí onde ten novamente cabida o asesoramento.