1.- Introdución: Revisión

1.- Introdución

Última actualización de en Concepción Estévez Vázquez

Este cartafol ten por obxecto ser a ferramenta de traballo para a materia "Asesoramento curricular a centros e profesores" do 5º curso da Licenciatura en Psicopedagoxía. 

En primeiro lugar, comentar que esta materia está estructurada principalmente en tres bloques temáticos. No primeiro, Psicopedagogos/as e contextos de asesoramento abarcarase o significados do asesoramento, os modelos de asesoramento, o asesoramento e  a orientación, a construcción do rol do/a asesor/a, as medidas de atención á diversidade e desenvolvemento do currículo, o desenvolvemento curricular, profesional e institucional; así como o  psicopedagogo/a como un profesional xunto a outros profesionais no marco da institución educativa. No Bloque temático 2Profesores/as e asesores/as trataremos as percepcións mutuas dos profesores/as e asesores/as; os profesores e profesoras ¿que profesionais?; algunhas claves da profesión docente; a colaboración profesores/as e asesores/as; as culturas profesionais, a socialización profesional e a construción da identidade; os modelos de desenvolvemento profesional; e por último neste bloque, pero non menos importante, os centros educativos ¿espazos para o desenvolvemento profesional do profesorado e dos asesores/as?. O último bloque da materia, o bloque temático 3 profundiza nos Procesos e ferramentas para o desenvolvemento curricular na atención á diversidade. Polo que volveremos a conceptualización daqueles documentos de centro e aula vistos en cursos anteriores, como son: Proxectos Educativos, Proxectos Curriculares, Programacións de Aula, Adaptacións Curriculares, Programas de diversificación curricular e de Cualificación profesional inicial.

Todos os contidos dos tres bloques abarcareinos estarán traballados nas páxinas que compoñen esta agrupación de contidos tanto dos blogs como dos arquivos subidos ao longo da materia. 

Deste modo, en primeiro lugar, explicarei que se entende por asesoramento, debido a que este é o punto de partida da materia, partindo da ánalise das ideas previas que teño xa que en base a estas irei confeccionando a miña aprendizaxe neste novo aspecto. 

De seguido, no bloque dous, versarei sobre dúas prácticas converxentes e súa diferenza, é dicir, traballerei sobre a diferente entre o asesoramento e a orientación, debido a que é moi díficil separar ámbalas dúas, como consecuencia das súas pequenas diferenzas. 

Coñecida esta diferenza, profundizarei nos modelos que rodean a cada unha delas, traballando primeiramente os modelos de orientación e os modelos de asesoramento, así como a extrapolación dos primeiros ao asesoramento. O que contribúe a que sexa difícil encontrar a diferenza entre ambos modelos. 

Como todos sabemos, a colaboración é un aspecto moi importante en cada unha das nosas accións se queremos conseguir resultados exitosos. Esta resulta imprescindible no desempeño da labor asesora, polo que debe estar tanto ímplicito como explicitamente nas nosas prácticas asesoras.  Tamén veremos como se pode levar a colaboración a outros extremos que propicien a mellora do coñecemento da sociedade educativa e na mellora da escola. 

Máis adiante, adentrareime no mundo do currículo e da atención á diversidade, xa que todos e cada un de nós presenta unhas características e necesidades específicas. Polo que cada vez máis, existe a conciencia de traballar nesta temática para poder enriquecer e favorecer o proceso de ensinanza - aprendizaxe do alumando. 

A parte disto, incorporarei unha "mochila do asesor/a" na que incluirei todos aqueles contidos que considere necesarios para ir ampliando a miña nube de conceptos sobre o asesoramento e sobre a orientación. 

Así mesmo, incluirei os diarios de clase, onde recollerei todo o traballado durante as sesións de clase, xa que resulta de gran importancia recoller que é o que se vai traballando cada día para despois poder ampliar conceptos que descoñeza. 

Finalmente, como en todos os traballos debe haber unha conclusión e unha autoavaliación na recollerei a modo de resume a miña valoración sobre esta materia.