Historial

1. INTRODUCIÓN: Revisión

1. INTRODUCIÓN

Última actualización de en REBECA

Sentada fronte o ordenador, póñome a pensar nos comezos do cuatrimestre que acaba de rematar, pensando naqueles inicios nos que non sabía moi ben como ía ser esta materia e menos era quen de comprender a súa forma de traballo. Agora, tras meses lendo artigos, buscando información e subindo archivos sobre todo o que para nós era imprescindible para poder achegarnos dun xeito óptimo ao asesormamento curricular véxome buscando unha metáfora coa que enlazar o meu portafolio.

Deste xeito, e dada a miña situación persoal actual non me foi difícil buscar un fío conductor.

Nun par de meses voume conventir en nai dunha nena e volvendo a vista atrás decido que o meu lazo de unión do portafolio será un paseo polas etapas do embarazo, situación a cal, ao igual que esta materia, me enfronto por primeira vez e a cal me plantexaba dúbidas, ideas previas erróneas, ganas de indagar...Por isto fundamento o meu portafolios nesta metáfora : o nacemento dun novo ser.