Carla Rodiño Otero

Soy una persona activa, trabajadora y responsable. Me gusta mucho el contacto con los niños así como todo lo relativo a su proceso de enseñanza aprendizaje, de hecho considero que mi vocación es la de ser docente.

4. DIFERENCIAS ENTRE UNHA BOA E UNHA MALA CONSTRUCIÓN: Revisión

Antes de comezar coa construción do noso rañaceos é preciso saber que temos que facelo de maneira axeitada, xa que no caso de utilizar materiais inadecuados, de ter unha estrutura mal organizada e programada, e se non se leva a cabo un traballo conxunto e grupal, o resultado ademais de ser deficiente correrá o risco de derrubamento.

Polo que antes de poñer o primeiro ladrillo todo ten que estar perfectamente organizado e preparados para calquera imprevisto que poida surxir durante a construción.

O mesmo ocorre no noso proceso formativo, non podemos pretender chegar a ser especialistas en asesoramento se non coñecemos a diferencia entre este e a orientación. Para iso, eu afondei neses dous termos coñecendo que, segundo os meus coñecementos previos non son o mesmo, pero para poder xustificalo de maneira verídica o que fixen foi navegar pola rede e atopei unha páxina que, dende o meu punto de vista, clarifica esta diferenza entre os termos.

Pero... antes de centrarme nas diferenzas, Teñen algo en común o asesoramento e a orientación?

Podo destacar que a orientación e o asesoramento son labores profesionais próximas que comparten un terreo común, o que liga ás prácticas de apoio.  É dicir, son prácticas con unha clara relación de parentesco xa que tanto a labor de asesoramento como a de orientación poden considerarse prácticas de apoio porque surxiron co pretexto de axudar ou mellorar as accións dedicadas á ensinanza e o aprendizaxe. Polo tanto a principal afinidade entre estas dúas prácticas é o seu compromiso coas labores de axuda.

Centrándome xa na orientación, dicir que nun primeiro momento aparece ligada a asuntos profesionais, aínda que posteriormente toma relación co “couseling”, un tipo de actuación que ademais de incluír os asuntos académicos, actúa no tratamento dos problemas persoais. É, polo tanto, entendida como unha estratexia de detección, tratamento e/ou prevención de problemas de diferentes tipos. Ademais, é levada a cabo por un profesional da educación, actuando directamente co suxeito ou grupo de suxeitos. Este profesional soe traballar con persoas que están un posto por debaixo del, por ser de menor idade, de clases sociais diferentes, por ter maior coñecemento por parte do orientador sobre uns determinados temas, etc.

Finalizar coa orientación resaltando que a pesar dos múltiples intentos de cambio, a tendencia terapéutica e diagnóstica foi predominante. Tamén o uso das tecnoloxías permiten que a súa aplicación poida levarse a cabo a cantidades moito más numerosas de suxeitos. E, por último, dicir que a lexitimación do saber experto permitiu reforzar a estruturación xerárquica das profesións educativas.

 Por outra banda, atopamos o asesoramento, denominación á que se lle atribúe unha procedencia de outros tres termos, como son consideración, deliberación e reflexión en relación con consellos, recomendacións ou suxerencias, promovidos a partir da interacción con outros suxeitos.

Como sinala Popkewitz, 1988, no campo da educación, o asesoramento nace ligado á profesionalización da reforma, que trouxo consigo á aparición dun grupo de especialistas, os axentes de cambio.

Pouco a pouco foise consolidando a implantación dun servicio indirecto, que pretendía mellorar a situación dos escolares, poñendo en marcha o desenvolvemento de mecanismos de supervisión o máis útiles posible. Podemos destacar así unha serie de rasgos que se presentan como característicos do asesoramento, tal e como sinala Rodriguez Romero, 1996):

  • É un servizo indirecto que recae sobre o profesional que trata cos clientes e non directamente sobre estes.
  • É unha interacción ou comunicación bidireccional adicada á axuda.
  • Non limita a capacidade de elección e decisión do asesorado/a.
  • Prodúcese entre profesionais do mesmo estatus.
  • Os participantes poden ser individuos, grupos ou institucións.
  • Trátanse asuntos e problemas procedentes da vida profesional.
  • A resolución do problema vai acompañada da capacitación para enfrontarse con éxito a problemas similares.

A base do proxecto de construción

Unha vez chegados a este punto podo sinalar que unha das diferenzas máis destacables entre asesoramento e orientación é a forma na que o profesorado participa no asesoramento. Mentres que a desigualdade de poder entre os estudantes e o orientador é considerable, entre o profesorado de apoio e os axentes non é tan destacable.

Ademais un aspecto moi relevante é a diferenza máis resaltable  entre estes dous tipos de actuacións é que o asesoramento é un servizo indirecto que trata cos problemas do profesorado e a orientación é un servizo que vai directamente dirixido aos clientes.

 

Exposta a información que no documento aparece, dicir que como xa mencionei no comezo desta entrada de blog tiña coñecemento sobre que asesoramento e orientación eran prácticas diferentes pero me resultaría moi complicado explicar o por que, polo que logo de ler e analizar este documento considero que esta cuestión quedou resolta no meu esquema de coñecemento, xa que engadín todas estas novas ideas a aquelas previas que xa tiña.

Asesoramento e Orientación. Dúas prácticas diferentes.

Despois de todo o exposto ata aquí sobre as diferencias entre a orientación e o asesoramento, gustaríame aportar unha información dunha entrada de blog da rede Stellae feita nada máis e nada menos que 655 días atrás pero que me pareceu moi interesante, resaltando que o asesor é aquela persoa que ten a capacidade de actuar como guía e dar unha solución a un determinado conflito e é levado a cabo por un experto nun tema, que proporciona información e da consello a un suxeito. E, polo tanto, o asesoramento trátase da interacción que se da en dous sentidos e que está dirixida a axudar a unha persoa, a un grupo ou a unha organización.

A orientación no caso dos centros educativos é levada a cabo por un titor, polo Departamento de Orientación, pola comunidade educativa e polos axentes externos como poden ser os Equipos de Orientación Específicos.

Así dicir que podemos entender asesorar como traballar en, mentres que orientar é intervir en.

Considero que unha vez diferenciados estes dous termos é preciso sinalar cales son os principais modelos que nos podemos atopar en canto á orientación e en canto ao asesoramento. Pero para isto vou a continuar nunha subpáxina.