Lara Villar Núñez

Considérome unha persoa alegre, optimista xa que habitualmente lle intento ver o lado positivo as cousas e bastante responsable.

2. IDEAS PREVIAS SOBRE O QUE É VIAXAR E VIAXES FEITOS ANTERIORMENTE ---> DE ONDE VEÑO? PINCELADAS SOBRE O ASESORAMENTO.: Revisión

1º. IDEAS PREVIAS SOBRE O QUE É VIAXAR E VIAXES FEITOS ANTERIORMENTE ---> DE ONDE VEÑO? PINCELADAS SOBRE O ASESORAMENTO.

Como dixen xa na introdución o primeiro que para min foi necesario para poder levar a cabo unha viaxe en solitario durante tres semanas foi recompilar información de viaxes realizadas con anterioridade, por pequenas que foran, para poder ir tomando conciencia do que significaba e do que sería necesario. Polo tanto tiña que mudar a vista atrás, ao pasado, facer un flashback e rememorar que fixera para facelas.

Isto mesmo tiven que facelo nesta materia que versa sobre o asesoramento. Pensar na pregunta:

  • D e onde veño?
  • Que sei eu sobre o asesoramento?
  • En que materias da miña formación académica me falaron sobre isto?

Ver, polo tanto, os meus coñecementos previos sobre o tema antes de afondar máis nel, tendo un punto de partida previo.

 

Esta tarefa fíxome reflexionar moito sobre o asesoramento e sobre as distintas materias nas que tratei directa ou indirectamente cuestións ligadas a este termo. Logo de facer unha revisión das materias dos 4 anos anteriores de formación destaquei un par delas:

image

  • Bases Psicopedagóxicas da Educación Especial.

Nesta materia do 2º curso de Mestre, especialidade Educación Primaria afondamos neste termo encamiñado á atención a diversidade, ao alumnado con NEAE e as familias destes. Polo tanto, vimos o asesoramento entendido como unha axuda destinada aos axentes da comunidade educativa dotándoos dun coñecemento moito máis profundo para, deste xeito,  potenciar o pleno desenvolvemento do alumnado con NEAE que formaba parte das súas aulas. 

  • Organización do Centro Escolar.

Na cal vimos que o asesoramento era unha das funcións encomendadas á Inspección Educativa.

  • Oposicións para Mestra de Pedagoxía Terapéutica, curso 2012/2013.

Nesta preparación tiven que mirar bastante lexislación. En concreto, a que mais utilicei foi o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diver­sidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e nel, aparecía varias veces o termo asesoramento.

 

  • Porén a maior aproximación ao concepto de asesoramento foi no comezo da miña andaina na Licenciatura en Psicopedagoxía, en concreto, na materia Modelos de Orientación e Intervención Psicopedagóxica. Nesta afondamos tanto na definición como nas funcións axentes e os tipos de asesoramento.

No que respecta á DEFINICIÓN, delimitamos o termo como un

“esforzo sistemático e constante orientado ao cambio nas condicións de aprendizaxe e outras condicións internas nunha ou máis escolas co fin de acadar máis eficazmente as metas educativas”.

Facendo referencia ao asesoramento como un proceso de axuda dirixido á mellora escolar.


Tamén vimos que os AXENTES DE APOIO, teñen a función de promover e dinamizar procesos de análise, reflexión crítica e revisión das prácticas educativas, co obxectivo de mellorar a ensinanza e facilitar a aprendizaxe e o desenvolvemento do alumnado e distinguimos tres axentes diferentes segundo as funcións que desempeñaban:

  • Os inspectores que se encargan de avaliar os centros e o seu funcionamento.
  •  Os orientadores que se encargan fundamentalmente da atencións aos alumnos con necesidades específicas de apoio educativo, sinalando, por exemplo, o papel do psicopedagogo.
  • Os asesores, que teñen como tarefas propias os seminarios ou cursos e procesos de formación nos centros.
 

A súa vez tamén vimos como dependendo do lugar dende o que traballe o axente, se pode distinguir entre:

  • Axente de apoio interno que é o propio mestre.
  •  Axente de apoio externo, que é aquela figura que, sen estar ligada administrativamente á estrutura interna dun centro educativo, presta algún tipo de asistencia ou axuda ás actividades de mellora do mesmo.

 

E  que estes, a súa vez, poden adoptar diferentes ROLES, como son:

  • O rol do especialista, onde o profesional pon a énfase en ofrecer solucións particulares a problemas concretos.
  •  O rol de xeralista, onde o profesional pon a énfase en axudar ao cliente a percibir, comprender e actuar sobre os acontecementos que teñen lugar no seu ambiente, en orde a mellorar a situación.

 

Tamén vimos que existían diferentes tipos e estratexias de apoio. No que respecta aos tipos de apoio vimos:

  • O apoio como intervención.
  • O apoio como elaboración.

 

Despois, tamén analizamos os ENFOQUES cos que os axentes de asesoramento ou apoio soen traballar para dar solución aos problemas que lles son formulados, distinguindo tres enfoques esenciais:

  • Enfoque directivo.
  • Enfoque colaborativo.
  • Enfoque educacional.

 

Logo, por último, nesta materia tamén vimos o asesoramento dentro da educación non formal sinalando nesta dous tipos de asesoramento:

  • O comprometido. Dende esta perspectiva, asesorar é facilitar a unha comunidade a capacidade de tomar decisións por si mesma, a de ser autoxestores e nel todos os suxeitos son recoñecidos como axentes de cultura.
  • O comunitario. Leva consigo a idea de que asesorar é facilitar poder a unha comunidade e aos seus membros ou a unha organización; é dicir, aumentar a súa capacidade á hora de tomar decisións sobre a súa propia vida e lograr os seus obxectivos.

 Neste arquivo podedes ver este primeiro acercamento ao asesoramento:  Practica 1: De onde veño?

Así pois todos estes coñecementos constitúen o meu punto de partida xa que son as miñas ideas previas sobre o asesoramento, o que xa sabía.

Non debo esquecer que para ser quen de afondarme nesa gran viaxe durante 3 semanas a un país a miles de quilómetros de distancia durante 3 semanas, antes tiven que indagar sobre as pequenas viaxes que fixera durante os meus 22 anos, podendo ter esas vivencias previas, analizándoas para conseguir enriquecer a miña viaxe. Isto mesmo fixen co asesoramento para poder enriquecer a miña aprendizaxe.

Pero é necesario formarme máis para poder ter un coñecemento en maior profundidade e máis amplo, integrando estes novos coñecementos cos previos para que así se poida dar en min unha auténtica aprendizaxe significativa (PAXINA 4).

 image

 

 

O coñecemento é a antorcha que ilumina o mundo. Louis Pasteur