Lara Villar Núñez

Considérome unha persoa alegre, optimista xa que habitualmente lle intento ver o lado positivo as cousas e bastante responsable.

3. BUSCA DE INFORMACIÓN SOBRE O NECESARIO PARA A VIAXE: ASESORAMENTO e ESCENARIOS.: Revisión

3º BUSCA DE INFORMACIÓN SOBRE O NECESARIO PARA A VIAXE: BECA MEC ---> ASESORAMENTO e ESCENARIOS 

imagePara poder levar a cabo esta viaxe para facer un curso intensivo de inglés en Nova York, a segunda cousa que necesitei foi recadar información: sobre os trámites que debía facer (pedir a beca no prazo correspondente, estar atenta sobre cando saía a resolución para que non se me pasara o prazo para aceptala ou para facer alegacións, mirar información sobre os diferentes destinos para logo poder tomar unha decisión, etc).

Isto mesmo me foi necesario facer nesta materia. Unha vez afondado e analizado os meus coñecementos previos o seguinte paso correspondíase con recoller máis información sobre o ámbito a analizar e no que afondar: que era o asesoramento e cales eran os seus campos de acción, en que escenarios se situaba a súa labor.

 

Que é o asesoramento?

“Orientar, facilitar, ayudar, mediar, apoyar, colaborar, guiar...Asesorar...son verbos intransitivos...las acciones que describen no tienen un objeto directo. En este caso se trata de actividades educativas, dirigidas a alguien (profesores, familias, alumnado, educadores, monitores, etc) que a su vez debe promover actividades de enseñanza y aprendizaje en otro”

 

“El asesoramiento es una interacción en dos sentidos: un proceso de buscar, dar y recibir, ayudar. El asesoramiento se dirige a ayudar a una persona, un grupo, una organización o un sistema mas grande para movilizar los recursos internos y externos con objeto de posibilitar su capacidad de resolver problemas y realizar esfuerzos de cambio (Lippit y Lippit, 1986:1)

  Para min estas definicións definen moi ben o que é o asesoramento, sobre todo a segunda. A continuación, en base a estas definicións, a notas de campo tomadas na sesión do 9 de Outubro e de información recompilada por min, detallarei,…


 Cales son as ideas clave do asesoramento?

  • É un proceso de axuda. Esta, para min, é a clave do noso traballo. Nós como asesores estamos aí para apoiar, esa é a imaxe que debe soster o noso traballo e a nosa forma de actuar.
  • É unha interacción ou comunicación bidireccional destinada á axuda.
  • O asesoramento, tal e como aparece na definición de Lippit e Lippit, non é so dar, trátase dunha interacción na que os asesores tamén recibimos. Polo tanto é un proceso recíproco  que nos permite e da a posibilidade de mellorar como asesores.
  • Outro elemento importante é que se trata dun cambio cara a mellora. A necesidade de cambiar pero tendo en conta que unha persoa soa por moitos esforzos que faga non vai conseguir ese cambio. Necesitamos a máis persoas e tamén que posúan habilidades para poder levar a cabo ese cambio: flexibilidade, amplitude de miras, habilidade para as relacións, confiable, reflexivo, seguro, etc.
  • É un servizo indirecto que recae sobre o profesional que trata coas persoas e non directamente sobre estas.
  • Prodúcese entre profesionais do mesmo estatus, sen diferenzas de posición e de poder.
  • Hai sempre un asunto e problemas “prácticos”. Pode ser o desexo de mellora: non ten por que haber un problema, un conflito para que se desencadee un asesoramento e trabállase sobre a base de acordos negociados.
  • A resolución do problema vai acompañada da capacitación para enfrontarse con éxito a problemas similares.
  • Soe ser iniciado polo asesorado (o que necesita algún tipo de axuda)
  •  Involucra ao asesor/a e ao asesorado/a nunha relación confidencial e colaborativa que se configura polas seguintes metas para o asesor/a (Aubrey, 1990:3, adaptado):
    • Ofrecer un punto de vista informado. (Dificilmente se pode asesorar se non hai contidos, se non sabemos sobre que asesoramos. Non é solo unha cuestión de apoio, vai máis alá de todo iso)
    • Axudar a mellorar destrezas de resolución de problemas.
    • Axudar a incrementar a liberdade de elección de acción do asesorado.
    • Apoiar ao asesorado nas eleccións feitas.
    • Incrementar a conciencia do asesorado acerca dos recursos válidos para tratar cos problemas persistentes.

 

Asesoramento en sentido amplo vs restrinxido

 O asesoramento pode verse en DOUS SENTIDOS:

AMPLO: Calquera persoa que coñece algo e, en función dese coñecemento presta un apoio determinado (informar, dar un consello,...) Dende esta visión ampla do asesoramento calquera persoa que teña un coñecemento, unhas capacidades pode asesorar.

RESTRINXIDO: un profesional especificamente formado para ofrecer apoio nun campo determinado. Trátase por tanto dunha persoa que posúe un coñecemento experto.

 

Por último gustaríame rematar poñendo o que o noso grupo, psicopedagogas en acción, entende por asesoramento:

Acción na que unha persoa ou grupo de persoas ofrecen coñecementos e consellos sobre un determinado tema a alguén que carece de ditos coñecementos e os precisa. Para levar a cabo dito proceso é necesaria unha recompilación de información, un análise da mesma, un coñecemento por parte do asesor/a de aquelas posibilidades ou alternativas que o asesorado/a pode tomar, ou pode optar. Unha vez presentadas ditas alternativas ou solucións levarase a cabo un proceso de axuda e consello para tentar lograr que a persoa asesorada toma unha decisión correcta optando polo camiño máis axeitado para a súa forma de vida e que mellor satisfaga as súas necesidades a partir de todos os recursos dos que se poidan dispoñer.” (Lucía, Carla, María e Lara, 2013)

Isto pódese ver no arquivo do grupo do que formo parte, Psicopedagogas en Acción: http://stellae.usc.es/red/file/view/39957/prctica-1-que-entendemos-por-asesorar

No cal tamén fixemos unha tarefa de análise sobre esta práctica grupal: http://stellae.usc.es/red/file/view/40411/anlise-en-profundidade-da-tarefa-1

 

En que escenarios se sitúa a labor do asesor/a?

Diario de clase 9 de Outubro Na sesión de clase víamos algúns escenarios ligados ao ámbito educativo:

  • A formación permanente do profesorado.
  • A inspección educativa
  • A orientación
  • A innovación educativa

Eu quixen seguir afondando nesta cuestión profundando nos escenarios nos que nos debemos centrar para que se poida lograr unha mellora na educación, seguindo a clasificación proposta por Domingo Segovia o cal sitúa como contextos de asesoramento o currículo, o profesorado e o centro.

Isto podédelo ver no seguinte arquivo: ESCENARIOS DA ACCIÓN DO ASESOR/A

Seguindo os formulamentos de Hopkins 1998 (capítulo 5 de Jesús Domingo Segovia), conseguir boas escolas supón abordar tres dimensións básicas:

  • Centrarse no CURRÍCULO e na mellora dos procesos de ensinanza aprendizaxe onde se producen (na aula) e que se traduzan en melloras nos resultados académicos e de aprendizaxe do alumnado.

Neste eixo Bolívar, en Escudero e outros, no ano 1999 di que toda proposta curricular se debería dirixir a posibilitar coñecementos que fagan conscientes aos cidadáns da súa situación e que poidan contribuír a transformala ao servizo dunha sociedade máis xusta e equitativa

Para min a finalidade do currículo ten que ser esta, ensinar ao alumnado a pensar criticamente e a desenvolverse, a tomar conciencia da necesidade dunha sociedade democrática e colaborativa e, polo tanto non competitiva. Domingo Segovia segue esta liña e dinos que se trata de lograr uns bos centros, con bos profesores para que a escola cumpra co compromiso social encomendado, que os rapaces se desenvolvan ao máximo das súas capacidades e de acordo cun proxecto social interesante.

Polo tanto o asesor, como un dos construtores do currículo, ten que formar parte deses procesos de análise e de desenvolvemento do currículo para poder lograr esa mellora.

  • Atender ás CARACTERÍSTICAS DO PROFESOR como persoa, adulto e profesional suxeito a un proceso de reflexión e de desenvolvemento profesional.
  •  Tomar como foco de atención ao CENTRO no seu conxunto.

Tal e como nos di Domingo Segovia a cultura de cada institución educativa ten un carácter holístico que impregna e confire sentido a todos os compoñentes que configuran ao centro. Dinos que non só e un contexto envolvente senón que no propio entramado cultural dos centros se atopan as claves que fan posible ou non os procesos de desenvolvemento institucional, profesional e curricular e, polo tanto, de cara a un cambio para a mellora, debemos coñecer ben a institución e as súas ideoloxías.

Logo tamén establece diferentes clasificacións dos centros en función do estilo de colaboración, da súa capacidade de desenvolvemento, dos tipos de cambio e dos modelos de centros (que se pode ver no arquivo que mencionei anteriormente)

 

 

Gustaríame acabar con esta páxina cunha frase que, para min, é moi significativa e xa utilicei como tweet:

"Un dos principais obxectivos da educación debe ser ampliar as ventás polas cales vemos o mundo." Glasow, Arnold H

De nada serve quedarse cos coñecementos e vivencias que xa temos. Debemos estar permanentemente actualizándonos, dotándonos de pequenas vivencias que impregnen as nosas vidas de sentido e que nos axuden a formarnos tanto como persoas como profesionais.

Outra vez é extrapolable para min o asesoramento en educación coas viaxes, dúas das miñas paixóns xa que nesta páxina pódese ver a decisión de actualizarse, de saber máis ao igual que os motivos da miña viaxe a Nova York. Trátase de moverse, de renovarse, non quedarse nun estanque onde a auga permanece inmóbil, de aí a foto que aparece a continuación, en Central Park.  

 

 image

 

 

Domingo Segovia, J. (coord) (2005). Asesoramiento al centro educativo. Colaboración y cambio en la institución. Ocatedro EUB: Barcelona.