Lara Villar Núñez

Considérome unha persoa alegre, optimista xa que habitualmente lle intento ver o lado positivo as cousas e bastante responsable.

5 BUSCAR O VOO, AS CONEXIÓNS E DESCONEXIÓNS ---> ASESORAMENTO E ORIENTACIÓN: Revisión

5 BUSCAR O VOO, AS CONEXIÓNS E DESCONEXIÓNS     --->ASESORAMENTO E ORIENTACIÓN

Cando xa tiña clara cal ía ser a miña meta, o meu obxectivo e a onde ía ir para conseguilo tiven que dar un paso máis e buscar o voo, o aloxamento e a academia onde impartiría o curso. Así pois, o que tiven que facer foi adentrarme xa de cheo na viaxe e comezar a contrastar e comparar distintas axencias para poder contratar algo que fose viable.

Nesta parte do viaxe o que fixen foi polo tanto contrastar e clarificar e, isto tamén o tiven que facer no asesoramento. Ver cales eran as similitudes e diferenzas entre asesoramento e orientación e entre modelos de asesoramento e de orientación. Refírense ao mesmo? Ou un abarca máis campo que outro?

 

Así pois, logo da lectura “El asesoramiento y la orientación. Dos prácticas que convergen” de María del Mar Rodríguez Romero e das distintas sesións de clase podo dicir que o asesoramento e a orientación son dúas prácticas emparentadas nas súas metas máis valiosas que é a axuda e o apoio ao sistema educativo. Isto é o que as fai converxer.

Os arquivos que acabo de citar aparecen a continuación:  Asesoramento vs Orientación Diario de clase 16 de Outubro.

Porén tamén posúen diferenzas que aparecen a continuación nun cadro resumo:

 

 

ORIENTACIÓN

ASESORAMENTO

 

 

 

 

 

 

 

 

  

ORIXE

É xeralmente concibida como unha estratexia de detección, tratamento e/ou prevención de problemas de moi variado tipo, de aprendizaxe, persoais, vocacionais, que se considera repercuten negativamente na aprendizaxe e o ensino ou que sendo tratados mellorarían as vidas dos estudantes e outros tipos de clientela. Aparece como:

Guidance: labor enfocada cara asuntos profesionais.

Counselling: tratamento de problemas persoais e asuntos académicos.

Todos eles aluden á consideración, deliberación e reflexión en relación con consellos, recomendacións ou suxestións, promovidos a partir da interacción con outros suxeitos que non padecen o problema ou a situación que desencadea o proceso de petición de axuda ou apoio.

 

consultation, support (apoio), adviser (asesor)

 

 

PRÁCTICA

Directa: levada a cabo por un profesional da educación relacionándose directamente co suxeito ou suxeitos que presentan o problema.

Indirecta: recae sobre o profesional (profesores/as ou outros membros da comunidade educativa) que tratan coa clientela e non directamente sobre esta.

 

 

 

PODER

 Asimetría: diferenzas de status que veñen dadas pola consideración que ten o saber lexitimado como experto na nosa cultura profesional.

Horizontalidade ou simetría, profesionais co mesmo estatus. Trátase dunha práctica de traballo entre iguais que se sitúan un fronte a outro con igualdade de posicións. Substitución da autoridade formal pola influencia entre colegas.

 COMUNICACIÓN

Unidireccional; eu digo, ti fas.

Bidireccional

 

META

Resolución de problemas. Prímase a tendencia terapéutica e diagnóstica o que se denomina a orientación para o axuste.

Capacitación para enfrontarse con éxito a problemas similares, asesores/asesorados(a mellora)

 

Así pois como podemos comprobar asesoramento e orientación son dúas prácticas que están estreitamente ligadas pero que xurdiron en momentos distintos. O asesoramento orixinouse a raíz da necesidade dun cambio, dunha reforma educativa, da concepción da necesidade de cambiar para que se puidese dar unha mellora na educación. Por este motivo eu, ao igual que Lourdes Montero, creo que a orientación debería ir atravesada polo asesoramento xa que considero que o asesoramento reconfigura o sentido que sempre se lle dou a orientación dende unha perspectiva máis de incidencia no apoio, na axuda e na colaboración e dende status de igualdade de poder e non de posicións de expertos.

Unha vez afondado nas diferenzas e similitudes entre asesoramento e orientación, a través dunha subpáxina profundarei nos diversos modelos tanto de asesoramento como de orientación. 

 image

"Si no conozco una cosa, la investigaré" Louis Pasteur