Lara Villar Núñez

Considérome unha persoa alegre, optimista xa que habitualmente lle intento ver o lado positivo as cousas e bastante responsable.

6 QUE ERA PRECISO RECÉN CHEGADA A NY? COLABORACIÓN E RELACIÓN: NECESIDADE DE ASESORAR BAIXO A MIRADA E A PRÁCTICA DA COLABORACIÓN: Revisión

  6.QUE ERA PRECISO RECÉN CHEGADA A NY?  COLABORACIÓN E  RELACIÓN ---> NECESIDADE DE ASESORAR BAIXO A MIRADA E A PRÁCTICA DA COLABORACIÓN 

Unha vez contratada a viaxe, recen saída das 8 horas de avión Vigo-Madrid, Madrid-Nova York e chegado ao meu punto de destino necesitaba relacionarme, ter un apoio co que poder traballar man a man durante as clases na academia de Education First, co que poder indagar e recorrer nesas 3 semanas a pequena gran mazá, co que poder compartir coñecementos e reflexións sobre a experiencia, etc. Necesitaba, por tanto, un grupo de persoas cómplices coas que compartir obxectivos e vivencias comúns, coas que reflexionar e axudar, e as cales me axudaran a min, etc. Necesitaba relación e colaboración.

Isto mesmo é preciso no asesoramento, necesitamos colaboración, sen ela non hai cambio, non hai mellora, non hai, polo tanto, progreso.  

Dende o meu punto de vista o obxectivo que debe perseguir toda a comunidade educativa pode resumirse nunha frase de Hopkins (2007) tal e como dixen nunha das sesións de clase:

“lograr de cada escola unha gran escola”

 

Que é o que necesitamos para isto?

"Parece haber un consenso en que la actividad de asesoramiento educativo para ser tal, debe nacer de una actitud de colaboración...” (Monereo y Pozo,2005:15)

Esta definición pódese atopar nas notas de campo do 9 de Outubro:  Diario de clase 9 de Outubro

 “Respecto a los servicios de apoyo ha de reconocerse que, pese a que son necesarios y ya llevan varios años funcionando, no siempre han tenido el impacto pretendido. Hoy se sabe que no basta con crear espacios, tiempos y estructuras de encuentro y que la colaboración y la asunción de compromisos compartidos resultan difíciles y han de trabajarse” Domingo Segovia.

Seguindo as aportacións de Monereo e Pozo, Domingo Segovia e moitos outros autores, para isto é preciso que exista unha auténtica colaboración entre os diversos profesionais que compoñen a comunidade educativa e que primen o modelo construtivista.  

 

¿Que entendemos por colaboración?

Para nós a colaboración é o proceso onde se involucra o traballo de varias persoas en conxunto, tanto para conseguir un resultado moi difícil de realizar individualmente como para axudar a lograr algo a quen por si mesmo non podía e de maneira conxunta lle dan unha solución moito mellor. (Psicopedagogas en Acción, 2013)

As nosas ideas acerca deste termo e a resposta as preguntas encomendadas por Lourdes na sesión de clase do Mércores 6 de Novembro de 2013 atópanse no seguinte arquivo:  http://stellae.usc.es/red/file/view/45805/colaboracinDiario Mércores 6 de Novembro de 2013

Seguindo as ideas de Tharp (2002) ou Parrilla e Gallego (2001) os procesos de colaboración son procesos interactivos, de realización conxunta de actividades por parte de persoas con experiencias e grados de coñecementos diferentes respecto dun contido, que pretenden xerar solucións creativas a problemas definidos conxuntamente.

Así pois xa con estas definicións pódese observar como a colaboración pode xerar procesos moi enriquecedores xa que se poñen en común e se conxugan as ideas de distintos profesionais respecto dun tema que lles interesa a todos.

Coincido coas aportacións de Eulàlia Bassedas a cal sinala, en relación a colaboración, que a súa práctica é moi fructífera xa que favorece que todo o alumnado da escola aprenda e se desenvolva de maneira satisfactoria, así como tamén que o profesorado se axuste ás diferenzas entre o alumnado e modifique o ambiente e as accións educativas intentando acadar con iso que o alumnado se desenvolva de maneira integral.

En relación a isto ela di que a pesares de que segue existindo a concepción de “respostas máxicas” especializadas e sinxelas aos problemas complexos (propias do modelo de intervención que segue a ser o máis empregado na actualidade, seguindo a Nieto) isto non é tan doado, senón que se necesitan todas as miradas de todos os profesionais involucrados (sanitarios, educadores sociais, docentes, etc.) dándonos así unha visión máis global da persoa e, entre todos, buscar as mellores pautas de intervención, fala, por tanto da complementariedade de miradas, da auténtica colaboración coa que estou plenamente de acordo. Non debemos esquecer algo que considero básico: xuntos conseguimos máis que sos.

 image

 

Que características debe ter un modelo que prime a colaboración?

Seguindo as ideas de Nieto, este, en relación aos modelos de colaboración, dinos que están baseados na interdependencia entre a parte asesora e a parte asesorada. Cabe destacar que ámbalas dúas partes toman as decisións na resolución de problemas de maneira consensuada, en condicións de igualdade de estatus e con responsabilidade compartida; existindo, polo tanto, unha influencia bilateral e igualitaria. De xeito metafórico soe dicirse que este modelo é o do colega ou do amigo crítico, alguén en quen se deposita confianza e co cal se pode traballar no marco dunha relación que é sincera e mutuamente satisfactoria.

 

¿Como a posibilitamos?

Seguindo as aportacións de Eulàlia Bassedas e Domingo Segovia, considero que algunhas das ESTRATEXIAS que poden favorecer o traballo colaborativo son:

  • Ter en conta as variables do contexto: as características da zona, do sector, barrio, etc. para así axustar as propostas de acción a realidade sociocultural dos destinatarios.
  • Establecer unha fase inicial na que os profesionais leven a cabo un coñecemento mutuo e dea comezo a coordinación (fase previa á colaboración)
  • Crear unha estrutura que organice de maneira axeitada e planificada os espazos e os tempos co fin de tratar as necesidades que se poidan formular nun momento dado tentando lograr o desenvolvemento integral do alumnado.
  • Realizar accións que teñan por obxectivo a comunicación e a boa relación entre os profesionais xa que é preciso que exista complementariedade entre eles.
  • Elaborar documentos escritos que faciliten a toma de decisións para que todos o conxunto de profesionais sexa consciente dos obxectivos marcados e das propostas que se van levar a cabo.
  • Crear comunidades de aprendizaxe destacadas por Domingo Segovia. O autor, en relación a elas, di que “los centros educativos deben actuar como comunidades de aprendizaje comprometidas con los procesos de mejora, que encuentran sus auto-soluciones y bajo ciertas condiciones, aprender”.
  • Ademais, seguindo a Fullan, 2007 e a Hopkins, 2007 estes dicían que,..

O cambio so ten éxito cando os individuos e os grupos encontran o sentido do que hai que cambiar e por que facelo.

Comparto esta idea destes autores e tamén o que di Domingo Segovia en relación con isto. Para el é preciso partir dun problema común, que teñan unha situación de partida igual. Eu considero que é moi importante que todos partan da mesma situación e tamén que todos atopen o sentido e o por que do cambio xa que senón as posibilidades de fracaso neste intento serían bastante elevadas, para loitar por algo e que os nosos esforzos non decaian con facilidade temos que estar concienciados e atopar realmente un sentido ao que nós estamos facendo (conlevaría dar resposta a que facemos, que hai actualmente? Cara onde vamos, que queremos?)

 

Ademais tamén debemos ter en conta que existen ESTRUTURAS organizativas que facilitan o traballo colaborativo dos profesionais. Estas poden ser:

  • Estruturas de colaboración que se establecen no interior do centro. Podemos destacar a comisión de atención a diversidade que ten como obxectivo, como o seu propio nome indica, a organización da atención a diversidade no centro e o departamento/equipo de orientación ou de educación especial que ten como obxectivo básico dispoñer dun espazo para tratar aspectos relacionados coas necesidades concretas do alumnado.
  • Estruturas de colaboración no sector. Estas son moi importantes porque son unha nova forma de dar resposta ás situacións das familias pero atendidas non só por un único profesional senón a través das miradas dos axentes de diferentes ámbitos. Estes traballos reciben o nome de trabajo en red (Dabas,1998; Ubieto,2005; Leal, 2005), trabajo en redes colaborativas (Serra, 2004) ou trabajo en red profesional (Alegret, 2005), entre outros. 

 

Ademais, para poder posibilitar esta colaboración considero que un factor moi importante son as ACTITUDES e as HABILIDADES persoais. Así pois, en canto ao:

  • Estilo de comunicación. É moi importante que o asesor sexa unha persoa quen de transmitir tanto verbal como corporalmente, pero que ademais sexa quen de escoitar, conectar e estar aberto a entender a situación que outra ou outras persoas do grupo lle formulen, tomando en consideración as opinións dos demais.
  • Estilo de relación. Para manter unha relación colaborativa é necesario que os profesionais sexan flexibles, pacientes, empáticos, xenerosos, que haxa igualdade de status, que sexan quen de adaptarse ás ideas dos demais e tamén que teñan a capacidade de recoñecer e controlar os seus propios sentimentos e emocións. En palabras de Domingo Segovia, os asesores deben ser colegas críticos na idea de que estes deben traballar con en lugar de intervir en. Dende a miña visión o asesor non pode asumir o papel de “experto”. Para min é esencial que as relacións que estableza sexan de igual a igual xa que o coñecemento non é algo pechado senón que día a día aprendemos. Ben e certo que cada persoa está especializada nun campo concreto pero iso ten que ser un feito enriquecedor de modo que se compartan as experiencias e o coñecemento cara outras persoas (todos podemos aprender de todos). Se temos isto en consideración as relacións van ser máis harmónicas e as outras persoas non van ser tan reticentes ao que nos lles digamos xa que non se sentirán “atacadas” baixo o lema “eu sei máis que ti” e será unha forma de avanzar cara a mellora en conxunto.
  • Estilo de traballo. Deben ser capaces de autoavaliarse (avaliar o propio traballo e ser quen de recoñecer cando está mal ou cando está ben), mostrar calma e autocontrol, mostrar interese por aprender, ser quen de cumprir os acordos e ter capacidade de traballo en equipo.
  • Interese por enfrontarse a situacións novas. É necesario que as persoas sexan quen de adaptarse a novas situacións e afrontar a incerteza que provoca traballar en situacións complexas e para as cales non hai solucións preestablecidas de antemán.
  • Confianza na capacidade dos demais. É importante recoñecer que, en determinadas ocasións, un non pode traballar só. Necesita a axuda e a colaboración doutros profesionais especializados en distintos ámbitos.
  • Corresponsabilización. É preciso que todos os profesionais teñan responsabilidades e non sexa só un axente o único capacitado para a toma de decisións.
É necesario mencionar un arquivo que tamén me axudou a afondar na colaboración que se corresponde coas miñas reflexións acerca do texto "Comprender y redireccionar las prácticas de asesoría" de Domingo Segovia así como as notas de campo da sesión do 30 de Outubro no que levamos a cabo a técnica acuario con este texto Diario Mércores 30 de Outubro de 2013 : Reflexións sobre o texto de Jesús Domingo Segovia  

 

CONCLUSIÓNS

Gustaríame acabar cunha frase presente no capítulo “Comprender y redireccionar las prácticas de asesoría” de Domingo Segovia:

“Para que un cambio tan potente hacia lo básico, (hacia una escuela pública y de calidad para todos. Escudero, 2002) sea sostenible e interiorizado, hay que tomarlo como referente y recorrer el camino desde una óptica freireana de utopías realizables, buscando la implicación del profesorado y las comunidades siempre desde el sentido común y la relevancia, con optimismo y de manera significativa, en un accionar pleno de colaboración, prudente y perseverante”

Por todos é sabido o doado que é centrarnos so no noso traballo sen mirar por nada nin ninguén máis pero o realmente produtivo e frutífero e ese “traballar con”, debemos concienciarnos que xuntos conseguimos máis que sos (abandonar esa competitividade que segue primando tanto nas aulas de niveis máis baixos como da universidade e na maioría dos postos de traballo) e levar a cabo estas comunidades de aprendizaxe na que todos os membros da comunidade se impliquen, como di Domingo Segovia na reconstrución atractiva e coherente da ensinanza con fins xustos e democráticos. Que sucede? Que iso implica un maior traballo: non basta so con dar unha solución simple nin tampouco co individualismo, sen ter en conta o contexto, nin tampouco basta con centrarnos nun modelo concreto co que guiemos a nosa acción,…

Ademais considero que se realmente queremos un cambio, hai que comezar por formar as persoas para que se impliquen nese cambio. Para iso é necesario unha formación tanto inicial para os novos como permanente para os que xa están traballando no ámbito educativo concienciándoos da importancia da colaboración, das vantaxes das comunidades de aprendizaxe, dos servizos de apoio existentes,… pero non me estou a referir a que se forme tan so dando unha información teórica senón que nesa formación se ofreza unha visión en conxunto teoría-práctica dando algunha estratexia do ¿Cómo? e non tanto dos ideais ou de cómo foi antes. A tradición é importante tela en conta en vista a construír propostas de mellora (querer facer as cousas cada día mellor) pero para min, non se deben centrar todas as materias ou cursos nela ou en proporcionar información de cómo están as cousas na actualidade senón que deben ir máis aló (falo por experiencia propia xa que durante os 3 anos da Diplomatura en Maxisterio nin durante o primeiro curso da Licenciatura en Psicopedagoxía puiden ver o ¿e como se fai?)

 image

 

Dende o meu punto de vista, xorde, por tanto, a necesidade de abrir as miras, as nosas lentes, e tamén abrir o abanico á colaboración (a eterna colaboración da que sempre falamos e segue sen estar palpable no sistema educativo) e ao compromiso conxunto pola mellora da educación. 

De aí esta foto xa que esta viaxe axudoume xustamente a iso, a abrir as miñas miras, e a tomar constancia da necesidade e da importancia da colaboración.

Yo hago lo que usted no puede, y usted hace lo que yo no puedo. Juntos podemos hacer grandes cosas. Madre Teresa de Calcuta

 

 

Bassedas, E. (2007). La colaboración entre profesionales y el trabajo en red. En J. Bonals e M, Sánchez-Cano (Coords). Manual de Asesoramiento Psicopedagógico, 43-66. Barcelona: Grao.

Iranzo, P. (2012). Modelos de asesoramiento: de la intervención a la colaboración. En P. Iranzo. Asesoramiento Pedagógico al profesorado, 140-156. Madrid: Síntesis.

Echeita, G. e Rodríguez, V. (2005). El asesoramiento desde dentro. Lo que sobra y lo que importa. En C. Monereo e J. I. Pozo (Coords). La práctica del asesoramiento educativo a exámen, 253-269. Barcelona: Grao.

Domingo, J. Comprender y redireccionar las prácticas de asesoría. Revista Iberoamericacna de Educación, 54, 65-83., 2010.